O servizo de socorrismo das praias de Area Grande e O Muíño conta con novo material e equipamento para unha eficaz resposta ante un posible incidente nestas praias.

Estas dúas praias de Bandeira Azul conta con servizo de socorrismo dende xullo a setembro e durante estes meses foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido a situación sanitario se foi retrasando.

Destacan as táboas de rescate que os socorristas poden empregan para facer vixilancia activa, como achegarse ata os bañistas para dar recomendacións e, inclusive, ante unha actuación de rescate.

E a semana pasada recibíronse os desfibriladores automáticos, un equipamento tamén moi esperado para mellorar a atención, e que reafirman o compromiso de que o servizo conte cos medios adecuados para a atención das posibles incidencias que podan xurdir nestas dúas praias de gran afluencia.

A praia do Muíño é a praia accesible do concello polo que, ademais de pasarelas e aseos adaptados, conta dende hai anos cunha cadeira anfibia para facilitar o baño ás persoas con discapacidade física. Este verán adquiriuse unha nova cadeira anfibia máis cómoda e práctica para os usuarios que a solicitan cada ano.