• Os Reis Magos fixeron un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro en vehículos clásicos

A programación do Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída tivo lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos foron recibidos polo Alcalde da Guarda e partiron en tres vehículos clásicos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitaron a Guarda co desexo de facerse ver polos nenos da vila sen pór en risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que propuxeron un itinerario que percorreu os barrios e parroquias do municipio.
O entramado urbano, así como a limitación de tempo, non permitíu chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propuxo un itinerario longo que priorizou as longas avenidas e sobretodo permitíua chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro.
Foron moitos os veciños que agardaron nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis dende as xanelas, outros decidiron achegarse ás grandes avenidas gardando a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.
Os Reis fixeron o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza polo que o percorrido foi mais áxil e rápido que nunha Cabalgata tradicional, percorrendo uns 22km en total.
Dende o concello recordase que unha vez rematadas as datas do Nadal, todos aqueles que non desexen conservar as luces repartidas nos centros educativos as poderán depositar nos contedores de residuos eléctricos ubicados no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade, para ser reutilizados pola empresa que os fabricou.

• Os “carteiros do nadal” regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h).
• Os Reis Magos farán un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro a partires das 17:30h.
• Continúan abertas as inscricións para as videochamadas cos Reis Magos no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h.

A programación do Nadal 2020-21 na Guarda está xa a piques de chegar ao seu fin, xa coa vista fixada na visita dos Reis Magos do vindeiro martes día 5 de xaneiro.
Este sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresan tamén o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
VISITA DOS REIS MAGOS

O vindeiro Martes día 5 de xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída terá lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde da Guarda e partirán en tres vehículos antigos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitarán á Guarda e teñen o desexo de facerse ver polos nenos da vila sen pór en risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que propoñen un itinerario que percorrerá os barrios e parroquias do municipio.
O entramado urbano, así como a limitación de tempo, non permite chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propón un itinerario longo que priorice as longas avenidas e sobretodo permita chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro
Solicitase aos veciños que agarden nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis. E só naqueles casos nos que a comitiva non pase cerca e non se vexa dende a xanela, poderán achegarse a aquelas grandes avenidas debendo sempre gardar a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.
Os Reis farán o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza polo que o percorrido será mais áxil e rápido que nunha Cabalgata tradicional.
Antonio Lomba recordou cun vídeo(https://youtu.be/utQiJDMijUI) a todos os nenos e nenas da vila, que as luces que se repartiron nos colexios os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. Estas luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas dende esta mesma fin de semana.
Unha vez rematadas as datas do Nadal, todos aqueles que non desexen conservar estas luces as poderán depositar nos contedores de residuos eléctricos ubicados no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade, para ser reutilizados pola empresa que os fabricou.

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitaran a partires das 17:30h as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta a Pista de Xeo na Alameda.

Visita dos Reis á Residencia de Maiores

As súas Maxestades de Oriente visitarán este venres día 3 de xaneiro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados por unha charanga para animar e bailar nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Cultura.

Cabalgata de Reis Magos 2020

O domingo día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá inicio ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para rematar na Casa dos Alonsos, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambonadas para todos. Durante o percorrido repartirán caramelos e lambonadas dende as súas carrozas. Este ano as Carrozas dos Reis Magos están confeccionadas pola Festa Escénica.

Pista de Xeo

A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.

O horario da Pista de xeo é de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario especial para o 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h.

Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.

Dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal na Guarda teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

Nadal con Paio e Aurelio

Este venres día 3 de xaneiro ás 17:30h a Praza do Reló acolle o espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio», unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda.

Trátase dun espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música. Despois dos éxitos do Libro Cds “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e “Paio e o poder da música”, chega á Guarda co seu último e novo espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio».

*En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.

Concerto Electro Pop co Grupo Presumido

Este sábado día 4 de xaneiro ás 20:00h a Praza do Reló acolle o Concerto do Grupo Presumido, enmarcado na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda.

O grupo Presumido está a piques de comezar a súa xira de presentación de CUATRO ESTACIONES, segundo LP de Presumido. Un show que cun rango de frecuencias emocionais moi amplo, no cal o pop, a electrónica, a escenografía e a innovación tecnolóxica, farán as delicias dos amantes da música coidada ao detalle.

Presumido é unha ponte entre o pasado, presente e futuro do Electropop, unha proposta formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica.

As súas influencias son todas internacionais (James Blake, Foster The People, Taylor Swift, Bon Iver, Apparat…) salvo unha, Tino Casal, a quen admiran e reivindican como máximo expoñente español do pop electrónico.

Definitivamente, atoparon o seu estilo e o seu lugar na música.

*En Caso de choiva o concerto realizarase no Centro Cultural con entrada libre ata completar o aforo.

Exposición de Pintura MixMedia “anetadocamilo”

A Casa dos Alonso acolle a Exposición de Pintura «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para expresar con pintura o que con palabras non pode.

Segundo explica a artista, «anetadocamilo» é un xeito de expresar inquedanzas, sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiados tonos de grises.

Para esta exposición Beatriz Bascoy traballa coa técnica Mixmedia, unha combinación dunha ou máis técnicas artísticas, de traballo e materiais no lenzo.

«anetadocamilo» avanza por un camiño onde se segue a emocionar cando unha persoa se para ante unha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación non mudou dende o principio desta viaxe …Ben sexa en lugares tan diferentes como os pendellos de Agolada ou a Menier Gallery de Londres.

Esta exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e se pode visitar ata o 4 de xaneiro na pranta baixa da Casa dos Alonso en horario de 8:00h a 15:00h de Luns a venres.

Dende o Concello da Guarda se convida seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está dinamizando e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

AXENDA DE NADAL 2019/20

– VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.

– SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

EXPOSICIÓNS

– Exposición de Pintura “anetadocamilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ó 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.

E ADEMAIS…

PISTA DE XEO
Ata o 19 de Xaneiro
Na Alameda