• Desta volta dáse continuidade á posta en valor deste xacemento coa súa limpeza e mantemento.
  • En palabras de Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “estas son as actuacións necesarias para o mantemento do castro despois das escavacións, á espera de que se realice a musealización de todo o Castro de Santa Trega”.

A empresa Terra Arqueos realiza nestes días os traballos de mantemento e limpeza no Barrio de Mergelina do Monte de Santa Trega, tarefas realizadas baixo a dirección de un Luis Francisco López González.

 

Desta volta dáse continuidade á posta en valor deste xacemento coa súa limpeza e mantemento, promovendo deste xeito o compromiso do goberno local co noso rico patrimonio arqueolóxico, realizadas co apoio do Concello da Guarda e o Padroado do Monte Santa Trega.

En palabras de Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “estas son as actuacións necesarias para o mantemento do castro despois das escavacións, á espera de que se realice a musealización de todo o Castro de Santa Trega”.

Estas son as primeiras tarefas de limpeza e mantemento realizadas nunha das últimas actuacións arqueolóxicas, grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra, no Castro de Santa Trega, onde a través dun protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia, promovéronse tarefas de restauración e consolidación no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, unhas actuacións nunha superficie total de 2.642 metros cadrados no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, para a que se contou cun orzamento de 367.719 euros.

 

A restauración e consolidación do xacemento guardés foi executada por Terra Arqueos baixo a coordinación de Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación que dirixiu a intervención realizada no Trega entre setembro de 2015 e abril de 2016.

 

Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado antes do que se pensaba, desde o século IV a.C. Tamén sacouse á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización.

O alcalde da Guarda e Presidente do Padroado monte Sta Trega traslada a súa satisfacción por acadar a renovación do teitado das vivendas reconstruídas, na primeira vivenda actuouse no mes de maio logo de acadar a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e neste mes de agosto acaba de rematarse a actuación sobre a segunda vivenda.

Este é unha actuación importante xa que o teitado das dúas vivendas se atopaba en moi mal estado e se requería unha actuación importante para voltar a telas en perfecto estado, a imaxe nese entorno ten mellorado de xeito considerable e o grado de satisfacción dos visitantes e turistas é alto.

Las dos viviendas castreñas reconstruidas en el monte Trega renuevan sus tejados

Debido a alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar a praza nas saídas de finais de agosto.

Esta actividade duns 70 minutos permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.

O venres 10 de setembro abrirá o prazo de inscrición ás 10:00h para cubrir aquelas prazas aínda dispoñibles trala oferta aos inscritos en reserva nas saídas de agosto.

A inscrición realizarase presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou no teléfono 986 61 45 46.

A idade mínima para participar é de 10 anos. O número reducido de prazas dispoñibles é reducido polo que unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares.

As datas e horarios dispoñibles son:
-Martes 14 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Xoves 16 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Venres 17 de setembro: 16:00 – 17:30

• Os participantes percorrerán 12,5 km do Camiño Portugués da Costa, saíndo dende o Mosteiro de Oia e chegando a A Guarda.

• Ambos monumentos están vinculados dende que no Real Decreto de Xuño de 1931 formaran parte dos 789 elementos patrimoniáis españois que foron declarados monumentos histórico-artísticos pertencentes ao Patrimonio Nacional.

O obxectivo desta conmemoración é o mesmo que en orixe motivou aos que loitaron pola proclamación destes monumentos como parte do Patrimonio Nacional hai 90 anos, e non é outro que poñer en valor estes tesouros nacionais.
Descuberto en 1913, o enorme poboado castrexo que compón o Castro de Santa Trega supuxo unha das primeiras campañas turísticas lanzadas en España, chegando a ser o segundo lugar máis visitado en Galicia trala Catedral de Santiago. O indiano portorriqueño Manuel Lomba Peña é a quen se lle debe en maior medida dito logro.
O Mosteiro de Oia que data do século XII, é o único da Orde do Císter pegado ao Océano Atlántico. Dirixido polos benedictinos que foron monxes artilleiros e cultivaron as vides e as terras durante sete séculos, pasou, trala desamortización a mans privadas pertencendo ata 1945 á familia do segundo propietario, outro indiano portorriqueño veciño de A Guarda, Joaquín Alonso Martínez.
Por todos estes motivos, o Mosteiro de Oia tomou a iniciativa de conmemorar tal acontecemento organizando a Andaina coa colaboración dos concellos de Oia e A Guarda, e contando ademais co patrocinio de Frutas Neves. Baixo o nome ‘de Monumento a Monumento’, a andaina terá lugar o próximo 5 de xuño, saíndo as 10 da mañá do Mosteiro de Oia para percorrer 12,5 Kms pola costa ata O Montiño na Guarda. As inscrición poderán facerse no Concello de Oia, o Centro Cultural da Guarda ou no email info@mosteirodeoia.com ata esgotar as prazas.
Os participantes poderán desfrutar dunha ruta chea de encanto pegada á agreste Costa que une estes dous puntos do Camiño.

O pasado día 10 de marzo, tivo lugar nas instalacións do Concello a xornada sobre Posta en Valor do PCI na Guarda, có obxectivo principal de analizar e desenvolver novas ideas, produtos ou servizos que contribuirán a valorización do rico Patrimonio Cultural Inmaterial existente no Concello de A Guarda, como un dos elementos dinamizadores da economía local.
Esta xornada que se desenvolve no marco do proxecto europeo Atlantic Culture Scape, que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha Ruta Europea do Patrimonio Cultural Inmaterial no Eixo Atlántico (sendo A Guarda o concello elixido para a rexión de Galicia), contou coa presenza ademais de Pilar Muñoz como coordinadora desta iniciativa por parte da Universidade de Vigo, cós expertos en patrimonio cultural Manuel Bugallo e Xoaquín Miguel Villa.
O encontro contou cunha ampla participación, xa que se reuniron máis dunha vintena de asistentes, que participaron en representación das asociacións, profesionais, empresas e persoas do concello interesadas ou que desenvolven a súa actividade neste ámbito temático, e que ademais de escoitar aos expertos participaron nun grupo de traballo para desenvolver novas ideas que contribuirán a posta en valor do patrimonio e dinamización turística da vila. Ao final do evento presentáronse cinco ideas, que se traducen en cinco rutas turísticas que poñen en valor tanto a cultural mariñeira, como a gastronomía e artesanía da vila, contornos menos coñecidos para os visitantes como o Monte Torroso e a parroquia de Salcidos, as casas indianas e a pegada da emigración ou o valor de vivir experiencias da man de profesionais e artesáns da zona.

Este primeiro encontro abre un proceso de valorización do patrimonio cultural inmaterial no concello, no cal se levarán a cabo accións participativas e formativas encamiñadas ao desenvolvemento de experiencias turísticas ligadas ao Patrimonio Cultural inmaterial.

Coñece máis en: https://atlanticculturescape.eu/

• No evento, aberto a toda a cidadanía, participaron empresarios, particulares e representantes de colectivos e asociacións da vila
• O evento contou coa participación de expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.

O pasado mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda foi o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

O evento arrancou ás 16:30h cunha breve benvida por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen destacou a iniciativa coma moi interesante para a posta en marcha de novas oportunidades de negocio e de desenvolvemento turístico, cultural e patrimonial.

Esta xornada tivo coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.

A xornada estivo dividida en dúas partes, na primeira delas realizouse unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizáronse mesas de traballo nas que os asistentes puideron traballar no desenvolvemento de novos produtos e servizos turísticos para o territorio.

Nesta xornada participaron tamén expertos coma J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo, que foi moi ben valorado por parte dos asistentes.

• O proxecto Trega 2020+5 nace co obxectivo de recuperar e consolidar as partes das escavacións antigas para facelas visibles
• É un plan integral de recuperación do castro de 5 anualidades cun apartado de investigación para obter novas informacións sobre o mesmo.
• Promovido polo Concello da Guarda e baixo a dirección científica de Brais Currás da EST-AP do CSIC
O Concello da Guarda promove o Proxecto Trega 2020+5 co que se pretende desenvolver o potencial patrimonial, social, cultural e científico do castro de Sta. Trega a través dunha actuación integral, de carácter conxunto e coordinado dos diferentes axentes sociais e entidades administrativas envoltas na conservación e promoción do monte.
O Proxecto Trega 2020+5 desenvólvese en torno a tres eixos fundamentais, recuperar e consolidar os sectores do castro escavados entre 1910 e 1930 e que hoxe se atopan abandonados, manter de forma sostida no tempo o conxunto das estruturas escavadas no castro e expostas ao público e investigar e afondar no coñecemento arqueolóxico do castro, e crear contidos destinados á divulgación e ao desenvolvemento patrimonial.

O castro de Sta. Trega conta cunha longa historia de actividade arqueolóxica, escrita cos nomes da Sociedad Pro Monte, Ignacio Calvo ou Cayetano de Mergelina, entre outros.

No marco do proxecto Trega 2020+5 proponse a reescavación de varios sectores do castro. A actuación arqueolóxica cunha metodoloxía arqueolóxica permitirá recuperar boa parte da información dos traballos antigos e afondar no seu coñecemento por medio da aplicación das novas tecnoloxías.

O proxecto Trega 2020+5 permitirá agora consolidar ao castro como un referente na aprendizaxe dos arqueólogos do futuro por medio dunha escola permanente de arqueoloxía na que cada verán 5 alumnos do máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC terán oportunidade de formarse como profesionais, levando a cabo prácticas de escavación, rexistro, topografía, flotación ou mostraxe.

Baixo a dirección científica de Brais Currás da EST-AP do CSIC, e nun proxecto de 5 anualidades, os traballos de recuperación das escavacións antigas do castro permitirán acceder a novos datos que aportarán un coñecemento máis fondo do asentamento.

O proxecto Trega 2020+5 conta co Concello da Guarda coma promotor e tamén coa colaboración do Padroado do Monte Santa Trega e as Comunidades de Montes da Guarda e de Camposancos

-As actuacións enmárcanse no proxecto “Escavación, análise e sinalización do concheiro da porta Sur do castro de Sta. Trega (A Guarda”, dirixido por Brais X. Currás Refojos, investigador posdoutoral do CSIC, e promovido polo Concello da Guarda a través da Deputación de Pontevedra.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dirixe o proxecto encamiñado á posta en valor do concheiro do castro de Sta. Trega (A Guarda), que dende estes días pódese visitar tras meses de actuacións que incluíron limpeza da vexetación da porta sur do castro do Monte Trega, sondaxe arqueolóxica, estudo de arqueofauna e levantamento fotogramétrico das estruturas escavadas, e que concluíron coa instalación dun panel informativo cuxo cometido é que os visitantes coñezan los principais resultados deste estudo.

O equipo de traballo está dirixido por Brais X. Currás Refojos, investigador posdoutoral do CSIC no Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Socias (Madrid). Colabora a empresa Terra-Arqueos e os grupos de investigación Zooarqueoloxía (Universidade de León), con Carlos Fernández Rodríguez ao fronte, e Paleoeconomía e Subsistencia das Sociedades Preindustriais (CSIC) con Marta Moreno.

“O concheiro, que se atopa ao lado da porta de entrada ao castro do Monte Trega, constituía unha especie de vertedoiro para os seus habitantes. A día de hoxe, é unha fonte de información incalculable pois a través do seu estudo podemos coñecer numerosos aspectos da vida cotiá das persoas que viviron no castro”, explica Brais X. Currás, quen engade que “o proxecto ten fin último constituír unha ferramenta coa que se promova un turismo de calidade”.

O proxecto foi financiado polo Concello da Guarda a través da convocatoria 2019 de Axudas para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural da Deputación de Pontevedra.

“A zona do concheiro do castro do Monte Trega fora xa obxecto de escavacións entre 1910 e 1930, realizadas pola Sociedade Pro-Monte, Ignacio Calvo e Cayetano de Mergelina, e dende entón permanecía abandonada. Os resultados que arestora temos obtido revelan a existencia dunha gandería na que predominan ovellas e cabras de moi pequeno tamaño, documentándose tamén a presencia de porcos e vacas, así coma un dominio total de moluscos e crustáceos propios das zonas rochosas, principalmente lapas, pero tamén mexillóns, bígaros e percebes. Os ourizos tamén foron importantes, sendo menos común o consumo de cangrexos”, explica Brais X. Currás, quen engade que “en canto á actividade pesqueira, se constatou que se practicou fundamentalmente con amocelo nas zonas máis preto da costa. Abunda a lubina, acompañada en moita menor medida de dourada, sargo e maragota, entre outros pescados”.

Os resultados do estudio do concheiro se dan a coñecer ao público xeral a través dun panel informativo, sito na porta sur. O panel aborda os seguintes aspectos:

1) Explicación da cronoloxía do poboado e o concheiro, así como das prácticas de consumo dos habitantes do castro.

2) Recreación gráfica das edificacións da porta sur.

3) Planimetría do castro e localización da porta sur.

4) Representación gráfica das principais especies presentes no concheiro.

5) Cartografía del entorno del Monte Tegra con la localización del poblado antiguo y de zonas de captación de recursos pesqueros y marisqueros identificados en el castro.

Nos próximos meses continuarase afondando no coñecemento do castro do Trega no marco del proxecto LOKI: Economías locais, economía imperial: Occidente da Península Ibérica (século II a.C.-século II d.C.), financiado polo Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación do Ministerio de Ciencia, dirixido dende o CSIC por Inés Sastre.

“Se realizarán datacións de C14 que permitirán coñecer o momento de fundación da muralla do poboado, se estudiará a evolución ambiental a través do pole e se analizarán as sementes recollidas no concheiro. Mención especial merece a identificación dun dente humano, que será analizado na universidade alemá de Tübingen”, avanzan dende o CSIC.

Ao longo do mes de agosto o Concello da Guarda ofrecerá dúas visitas guiadas semanais ao casco urbano, onde a temática deste ano é a historia, patrimonio e testemuñas da época moderna da Guarda. As visitas terán lugar os mércores e xoves do mes de agosto.

Todos os mércores a visita guiada centrarase no Castelo de Santa Cruz, onde se poderá coñecer esta fortaleza militar datada no século XVII, a súa estrutura e historia ao longo dos anos ata a actualidade.

A novidade deste ano será a visita guiada dos xoves titulada como A Memoria dos Indianos. Esta visita percorrerá casco urbano coñecendo as pegadas e testemuños dos indianos, aqueles retornados de América que tiveron unha gran influencia política, económica e social principalmente na primeira metade do século XX.

As visitas guiadas sairán ás 12.00h da Oficina de Turismo sita na Praza de Reló. Estas visitas guiadas son de balde e non precisan inscrición pero si hai límite de participantes.

O pasado xoves día 26 de decembro celebrouse a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 ante máis de medio cento de persoas que acudiron á Cervexaría «La Bodega» da Guarda.

Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chegou a segunda deste ciclo e derradeira do ano 2019 na cal o historiador local J. Miguel Villa falou sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento».

J. Miguel Villa fixo un exhaustivo repaso da vida e obra de Juan Bautista Alonso Español, un guardés nado na parroquia de San Lourenzo de Salcidos no ano 1879, que foi xurista, político, periodista e presidente do Consello do Estado, cursando estudos en Filosofía e Leis na Universidade de Salamanca.

Na década de 1830, momento no que se instala en Madrid, lle levaría a opinar sobre os máis acuciantes problemas da España isabelina como redactor de famosos periódicos, destacando de maneira notable como xurista no foro madrileño, chegando a ser deputado polas circunscripcións de Madrid no 1839, de Pontevedra entre 1841 e 1843 e de Lugo no 1843. En 1843 foi subsecretario de Gobernación sendo condecorado ese mesmo ano coa Cruz de Carlos III como premio aos seus servizos neste ministerio.

No regreso dos progresistas ao poder en 1854, Juan Bautista Alonso voltou a aparecer coma deputado pola provincia de Pontevedra ante as Cortes constituíntes, e xa retirado da vida pública, volveu a ser deputado ás Cortes, esta vez por Santiago de Compostela no 1865-1866.

Repite coma parlamentario no 1872-1873, como senador pola provincia de Murcia, e exerceu de presidente interino do Consello do Estado, acadando a presidencia do mesmo durante a I República española.

Ao remate desta barferencia houbo tamén unha quenda para intervencións do público onde todos aqueles que quixeron puideron facer as súas preguntas ao conferenciante, rematando a mesma coa entrega de agasallos, realizados pola Asociación Avelaíña, para o conferenciante e para o establecemento onde se realizou esta barferencia.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación. Tal e como o adiantou ao remate da Barferencia a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes, xa se están a preparar os novos temas para o vindeiro ano 2020, que de seguro van a espertar novamente o interese dos veciños e visitantes da Guarda.

O pasado xoves día 5 de decembro escolares da Guarda participaron nunha xornada patrimonial e medioambiental na cal os alumnos e alumnas IES A Sangriña, HH Carmelitas e PP Somascos aproveitaron para coñecer as escavacións das Salinas do Seixal e as das Lagoas, ademais de recoller lixo sobre as rochas da zona do Puntal.

O proxecto “A Guarda, Mar de Sal” permitiu a restauración e consolidación definitiva das estruturas das Salinas Romanas da Zona do Seixal na Guarda.

Esta visita guiada, contou coa presenza de Mar Cortegoso, arqueóloga que participou nas escavacións así como os técnicos de Patrimonio e Desenvolvemento Local, que explicaron aos escolares como foi o proceso para descubrir e por en valor este importante elemento patrimonial.

A visita estivo dividida en dúas partes: unha parte divulgativa a cargo de Mar Cortegoso, e outra máis interactiva empregando a app da web https://www.mardesal.aguarda.es/proxecto-de-ciencia-cidada/ coa que os alumnos sacaron fotografías coas que identificar novas salinas rupestres. O proxecto de Ciencia Cidadá na Guarda, Mar de Sal, ten como obxectivo facilitar a participación da cidadanía na investigación científica da produción de sal na Antigüidade. É moi sinxelo: mediante unha app para móbil, calquera persoa interesada pode colaborar na recollida de datos en campo, participando na prospección de novos xacementos arqueolóxicos.

A actividade permitiu tamén unha recollida de lixo por parte dos escolares pola costa entre o Seixal e o Puntal, destacando o compromiso do proxecto co Medio Ambiente e o entorno onde se levou a cabo o mesmo.

Ao rematar a actividade, cada alumno foi agasallado cunha gorra e unha mochila de Mar de Sal.

As fotografías desta xornada se poden consultar nas redes sociais do Proxecto A Guarda, Mar de Sal: https://www.facebook.com/AGUARDAMARDESAL/

Esta actividade forma parte da segunda fase deste proxecto na cal se realiza a musealización do xacemento, se publican os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado e se convida a diferentes segmentos da poboación a participar en actividades de divulgación.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

O vindeiro xoves día 28 de novembro terá lugar a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 que terá lugar ás 20:30h no bar «Bugus Zentral» da Guarda.

Esta primeira Barferencia versará sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correrá a cargo de Silvia Cernadas.

María Vinyals (1875-1940?) foi unha das grandes e polifacéticas mulleres que naceron na Galicia do século XIX. Coñecida como a “Marquesa roja” polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falarase desta muller tan vencellada ó castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ó mundo do cine ou a televisión.

A ponente encargada deste primeira Barferencia é Silvia Cernadas Martínez, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que versa o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.

A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na «Cervexería La Bodega» e versará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación.

Na xornada do martes día 15 de outubro A Guarda recibiu a visita de dous importantes Blogueiros ligados aos sectores da gastronomía e do turismo internacional.

Esta visita está enmarcada no Proxecto «Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019» onde catro dos Bloggers de viaxes e gastronomía máis importantes de España percorrerán o Camiño Portugués da Costa, unha das rutas xacobeas menos coñecidas, degustando en cada etapa as Denominacións de Orixe e os produtos de Indicacións Xeográficas Protexidas da gastronomía galega, realizando varios encontros con colectivos das xentes do Camiño en cada etapa.

No caso da Guarda participou o blogger Alberto Ribas @Alvientoo, con máis de 21,000 followers en instagram, finalista dos «10 Blogs más populares de Fitur», especializado en viaxes e gastronomía, xurado gastronómico e blogger invitado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca. Tamén contouse coa participación de Diana Millos @dianamiaus, con máis de 131,000 followers en instagram, instagrammer en inglés de referencia para destinos internacionais.

Unha actividade que se realiza no meses de outubro e novembro para desestacionalizar o sector.

Na Guarda os bloggers reuníronse co colectivo de redeiras da Asociación de Redeiras Atalaia, onde puideron comprobar como é o seu traballo na nave que teñen no Porto da Guarda, intercambiando diferentes experiencias sobre o mundo do mar e da pesca, o seu valor cultural, patrimonial e social. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, lles deron a benvida na Nave de Redeiras, compartindo con eles a súa experiencia nesta etapa do Camiño Portugués da Costa, xunto cos representantes da Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda.

O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 17 de agosto realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal.

Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto o sábado día 17 de agosto con saída ás 10:45h dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levou a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitiu crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae para coñecer o patrimonio da Guarda en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a Visita singular no casco histórico: “Prazas antigas e novas” e os xoves a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”.

Unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes coma para veciños, de coñecer o noso pasado a través de explicacións «in situ», grazas ao persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do casco urbano da Guarda coma a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas e monumentos.

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.
• MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
• Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h de luns a domingo.

A participación de todo o pobo da Guarda no evento organizado pola Federación galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), as asociacións Piueiro e Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda foi un dos principais factores que determinou o éxito do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha celebración, que este ano cumpriu o seu décimo cuarta edición e que foi cualificada de “inesquecible” por tripulantes e veciños.

Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados.

Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares ” faluchos”, pequenas embarcacións construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.

Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de Culturmar e Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García Sendón e Joaquín Cadilla agradeceron aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.

Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o Encontro deste ano fose especial.

Tras a cea, A Guarda despediu o Encontro de Embarcacións Tradicionais cun mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais. Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.

Visita da deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra

A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Vitoria Alonso, achegouse esta mañá ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de Culturmar as distintas casetas que conforman o recinto do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición “Achega dás mulleres á sustentabilidade do Mar”, a mostra de fotografía “Vento nas velas”, de Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres canteiros e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.

A Guarda prepárase para unha fin de semana longa e de moita actividade co XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia coma protagonista e enlazando tamén xa coas Festas do Carme, que se celebran o luns e o martes(festivo local).

Programación por días

XOVES 11:

Este xoves é o arranque do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia con varias actividades propostas para esta xornada, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, o acto inaugural ás 20:00h, o izado de velas ás 20:30h e o Concerto do cantautor guardés Tino Baz ás 23:00h.

Na xornada deste xoves continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

VENRES 12:

Este venres é a segunda xornada do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, destacando as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a presentación de «As marcas dos mariñeiros da Guarda» ás 13:00h, o Concerto de Deixandar ás 13:00h, as visitas ás embarcacións tradicionais ás 20:30h e os concertos de Nadia Vázquez Trio e da Agrupación Musical da Guarda con María do Ceo a partires das 23:00h da noite.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 13:

Dentro da programación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, este sábado terá lugar o Bautismo de mar para novas embarcacións ás 13:00h, os Cantos de Taberna ás 19:00h e os Concertos de Andrea Pousa e Música nas Velas coas actuacións do Orfeón do Berbés e Xurxo Souto.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

DOMINGO 14:

Para a xornada deste domingo o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia arranca cunha visita guiada ás Salinas do Seixal, programada para as 10:45h e unha visita ás Prazas antigas da Guarda ás 12:00h. Destaca tamén na programación desta xornada o Concerto do Grupo de Acordeóns Mascarenhas ás 12:00h, o acto de despedida de tripulacións e delegacións participantes nesta edición ás 15:00h, o concerto de Tradison ás 20:00h e a Cea homenaxe ao voluntariado.

Como cada 14 de xullo dende hai 18 anos, chega o festival Rock Guardés ó porto da Guarda enmarcado nas Festas do Carme, que terá lugar do 14 ao 16 de xullo de 2019.

Nesta edición hai un nome que destaca, New Day, a nova banda de Amparo Llanos, ex Dover, abrirán o festival a banda local Helen & Shanna e pecharán o festival a banda de rock viguesa Loco Turbina.

Entrada de balde, apertura de portas ás 21:00 h. e comezo dos concertos ás 22:00h.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

LUNS 15:

Para a xornada deste luns A Guarda celebra as Festas do Carme, cun pasarrúas do Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda e gran verbena no Porto dende as 22:30h coa orquestra Tango e o Grupo Fama.

MARTES 16:

Este martes, festivo local, as Festas do Carme trae dentro da súa programación un pasarrúas da Agrupación Musical da Guarda e procesión ás 11:00h da mañá dende a Igrexa Parroquial ata o Porto da Guarda, onde terá lugar unha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica da Guarda e posterior ofrenda floral aos náufragos. Pola tarde ás 19:00h terá lugar a Regata de gameliñas e ás 20:30h un Festival de Corais no que participan A Coral Polifónica da Cañiza, a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia(Vigo) e a Coral Ecos do Folón de Fornelos(O Rosal).

De Muros e Vigo ata Cíes e de aí en convoi ata A Guarda, a comitiva por mar, inédita ata a data, foi gravada en vídeo pola organización polo o seu exemplo de cooperación entre as diferentes asociacións galegas que conforman Culturmar, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e distintos departamentos da Xunta de Galicia. A travesía contou cunhas condicións climatolóxicas nas que predominou a néboa, que non conseguiu deslucir a beleza da singradura.

A viaxe marítima, de preto de seis horas de duración, congregou a bordo das embarcacións a un total de 120 persoas e contou cun escolta de excepción: o remolcador Sebastián Ocampo, da Consellería do Mar. En total foron 22 millas, navegando a velocidade reducida e cunha grata sorpresa á altura de Oia, xa que alí esperábanlles numerosos barcos da Guarda, que lles acompañaron no último tramo da viaxe.

E mentres isto acontecía no mar, na Guarda veciños e visitantes seguían con expectación o percorrido do volanteiro construído por Piueiro desde o estaleiro A Pasaxe ata o porto guardés. No traslado investíronse nove horas e foi necesario un dispositivo de máis de 20 persoas, tres guindastres, un trailer, dous elevadores e a colaboración do Concello para conseguir que esta embarcación tradicional, que se cría perdida, volvese á vida da man da asociación guardesa, en colaboración con numerosas empresas e particulares que coas súas achegas contribuíron a esta construción.

A embarcación construíuse seguindo planos antigos xa que se teñen referencias da mesma desde o século XVII, aínda que posteriormente, no século XX, co auxe dos arrastreiros deixouse de construír. Desde hoxe na Guarda contan cunha que, a pesar de que non poderá participar na exhibición porque falta culminar o proceso de ” calafatear”, é dicir, pechar as xuntas de madeira con brea, estará a presidir a celebración.

“Aínda que nos dá moita pena, por tres días non imos sacrificar décadas de vida do barco”, sinalou o presidente de Piueiro, Joaquín Cadilla, respecto diso.

Música en directo, talleres e saídas en barco

A exhibición das embarcacións tradicionais de Galicia, xunto con algunhas doutras localidades españolas e mesmo algunha irlandesa, forma parte dun amplo programa de actividades culturais e lúdicas, organizado con motivo do Encontro por Culturmar, a Asociación Piueiro, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello dá Garda, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e @de la Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

Concertos, obradoiros, exposicións, exhibicións gastronómicas e navegacións a bordo destes barcos conforman a atractiva oferta da celebración que terá lugar na Guarda desde o día 11 ata o 14 de xullo.

PROGRAMA

A especial situación xeográfica da vila, entre Galicia e Portugal, as técnicas de pesca tradicionais da localidade e o tipo de embarcacións empregadas históricamente polos guardeses son, segundo explicou o alcalde Antonio Lomba, “tres características que marcan a sigularidade deste encontro, fronte aos celebrados en anteriores edicións”. No acto de presentación do evento, celebrado esta tarde no Concello, o rexidor destacou tamén a implicación dos guardeses co Encontro de Embarcacións Tradicionais, decorando as fachadas de vivendas e escaparates de comercios con ornamentacións de temática mariñeira: “Deste xeito se estende o convite a toda a cidadanía para que esta XIV edición sexa todo un éxito” . Lomba rematou agradecendo o traballo de Culturmar e a inicitiva de Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos para que A Guarda acollera o evento deste ano.

Pola súa banda, o presidente de Culturmar, Manuel García Sendón, agradeceu o apoio do Concello desde o primeiro momento e avanzou que xa son máis de 70 as embarcacións inscritas nesta edición do encontro, “unha festa que pon en valor a riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego e a necesidade de conservalo” .

Sendón tamén destacou o gran traballo da Asociación Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos na construción do ” volanteiro”, unha embarcación tradicional que se cría perdida e que se recuperou agora con motivo do Encontro.

Os portavoces de Piueiro e do Instituto de Estudos Miñoranos, Joaquín Cadilla e Xosé Lois Villar, respectivamente, mostráronse agradecidos cos guardeses pola forma na que se envorcaron con este evento, á vez que destacaron a importancia de que un encontro destas características, “no que participan persoas de toda España e doutros países”, teña lugar no Baixo Miño. Así mesmo, subliñaron que na cita guardesa estarán representadas toda a tipoloxía de embarcacións tradicionais que hai en Galicia”.

Unha cita imprescindible do 11 ao 14 de xullo

A exhibición das embarcacións tradicionais de Galicia, xunto con algunhas doutras localidades españolas e mesmo algunha foránea, forma parte dun amplo programa de actividades culturais e lúdicas, organizado por Culturmar, Asociación Piueiro, Instituto de Estudos Miñoranos e Concello da Guarda, co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

Actuacións musicais, obradoiros, exposicións, gastronomía e navegacións a bordo destes barcos que forman parte do patrimonio cultural conforman a atractiva oferta da celebración que terá lugar na Guarda do 11 ao 14 de xullo. O volanteiro recuperado pola Asociación Piueiro terá un protagonismo especial na celebración. Un traballo que foi posible gracias á colaboración de organizacións, empresas e entidades financieiras de Galicia e mesmo de Andalucía.

Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Concello da Guarda promoveu, baixo a dirección de Brais X. Currás da Universidade de Coimbra (CEAACP), un Proxecto de Escavación, Análise e Sinalización do Cuncheiro do Monte Trega.

O proxecto de escavación foi executado polos arqueólogos da empresa Terra Arqueos, mentres que para o estudo do material do cuncheiro contarase co grupo de investigación en zooarqueoloxía da Universidade de León con Carlos Fernández Rodríguez á fronte, e máis co Grupo de Investigación en Arqueobiología do CSIC, con Marta Moreno.

Xunto á porta de entrada no castro do Monte Trega desde o sur consérvanse os restos un antigo cuncheiro, un espazo onde os habitantes do poboado botaban os restos da súa produción. Composto fundamentalmente por cunchas, conserva tamén restos de osos e espiñas de peixe, e tamén outras evidencias como restos cerámicos ou metálicos e calquera outro tipo de refugallo. As condicións artificiais que crea o propio cuncheiro, máis favorables que o chan ácido do substrato granítico, permiten que eventualmente se poidan conservar tamén outro tipo de restos como pode ser, por exemplo, a madeira.

O que non é máis que un vertedoiro para as persoas que viviron no Trega, é hoxe para nós un tesouro e unha fonte de información de valor incalculable.

A través do estudo dos cuncheiros podemos saber moito da vida cotiá das xentes que viviron nos castros. Sabemos que tipo de animais criaban, que especies cazaban, e como eran as prácticas de pesca e marisqueo. Deste xeito, podemos chegar a saber os lugares ata onde se desprazaban desde o poboado para captar os seus recursos.

Logo de varias semanas de traballo a equipa de investigadores desprazados ata o Trega remata a escavación, uns traballos que permitiron redescubrir as escavacións realizadas nos anos 30 por Mergelina, e que agora, deixan á vista a muralla e a porta sur do castro.

A análise polo miúdo das especies tamén nos di moito sobre as prácticas de consumo. Podemos chegar a comprender se o gando vacún se empregaba para produción cárnica, como forza de tiro ou para o aproveitamento do leite. O tamaño dos animais nos informa sobre o grado de desenvolvemento gandeiro. Podemos saber cal era a importancia da caza -si é que tiña algunha-, etc.

O estudo da evolución dun cuncheiro no tempo, en suma, pode ser unha mostra representativa do proceso histórico de configuración e evolución das comunidades castrexas desde a Idade do Ferro ata a súa submisión ao poder de Roma e das transformacións que implica para as formas de produción e consumo.

Mediante a sondaxe aberta, conseguiuse documentar o cuncheiro do castro, onde os seus habitantes botaban o lixo, documentando ademais o momento de construcción da súa muralla.

Este proxecto naceu co propósito de crear un recurso concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, e como medio cultural e social. Un proxecto que ofrece resultados e beneficios a diferentes niveis. Por unha banda, xerando novos coñecementos científicos a partir da análise do rexistro arqueolóxico, no marco dun programa de investigacións e actuacións arqueolóxicas. En segundo lugar, asumindo a necesidade da transferencia científica como un obxectivo prioritario, os resultados a investigación repercutirán na creación de medios para a posta en valor das evidencias arqueolóxicas.

A execución do proxecto permitíu levar a cabo a limpeza da vexetación da porta sur do castro do Monte Trega, a realización dunha sondaxe arqueolóxica, un estudo da arqueofauna, o levantamento fotogramétrico das estruturas escavadas e a instalación de paneis informativos.

Agora ábrese unha segunda fase de investigación no laboratorio, onde os arqueólogos van a estudar os restos recollidos no cuncheiro para ver que tipo de animais e marisco consumían.

Neste proxecto participou un equipo humano composto por 10 persoas entre dirección, equipo técnico, de restauración e de análise da paleofauna, contando cun orzamento que supera os 15.000€, subvencionado polo Concello da Guarda e a través das axudas para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra.

O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 20 de abril realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal, enmarcadas no proxecto “A Guarda, Mar de Sal”. Na actualidade este proxecto atópase na fase de restauración e consolidación definitiva, o que permite xa apreciar as súas estruturas.

Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto o sábado 20 de abril con saída ás 10:45h dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

Tamén nestes intres se levan adiante outras iniciativas como a musealización do xacemento e se publicarán os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado.

Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

A lo largo de la semana pasada se realizó un estudio geofísico en el entorno de las salinas romanas del Seixal. Estos trabajos se llevaron a cabo en colaboración con el Centro de Arqueometría de la Universidad Complutense. El objetivo de esta actuación fue el de comprobar la extensión de las salinas del Seixal en la Costa de A Guarda. Durante las excavaciones llevadas a cabo en 2018 se descubrió una amplia extensión de la salina romana, pero se pudo comprobar que las estructuras se extienden más allá del área excavada. El proyecto «A Guarda, Mar de Sal» no se limita a la excavación, sino que por medio de las últimas tecnologías se quiere conseguir la imagen más amplia y precisa posible de la extensión y de la morfología de estas salinas. Para ello se cuenta con un georadar, un sistema que permite hacer lecturas en el subsuelo y comprobar la existencia de estructuras arqueológicas.

O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» non se limita á escavación, senón que por medio das últimas tecnoloxías se quere conseguir a imaxe máis ampla e precisa posible da extensión e da morfoloxía destas salinas. Para iso se conta cun xeoradar, un sistema que permite facer lecturas no subsolo e comprobar a existencia de estruturas arqueolóxicas.O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» non se limita á escavación, senón que por medio das últimas tecnoloxías se quere conseguir a imaxe máis ampla e precisa posible da extensión e da morfoloxía destas salinas. Para iso se conta cun xeoradar, un sistema que permite facer lecturas no subsolo e comprobar a existencia de estruturas arqueolóxicas.O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» non se limita á escavación, senón que por medio das últimas tecnoloxías se quere conseguir a imaxe máis ampla e precisa posible da extensión e da morfoloxía destas salinas. Para iso se conta cun xeoradar, un sistema que permite facer lecturas no subsolo e comprobar a existencia de estruturas arqueolóxicas.Una vez terminado el proceso de toma de datos, ahora mismo se están procesando los datos que, se confía, permitan comprender mejor las salinas de O Seixal.

Además de los trabajos de prospección geofísica también se amplió la prospección por la costa de A Guarda. El estudio sistemático de la franja costera permitió identificar dos nuevas zonas con vestigios de salinas romanas, localizadas en el entorno de la Cetárea Redonda o de Pepe Sobrino.

Durante las próximas semanas se iniciarán los trabajos para la consolidación y restauración de las salinas que garantizará su apertura definitiva al público para su disfrute por vecinos y visitantes.

El proyecto «A Guarda, Mar de Sal» se fundamenta en la necesidad de sustentar el desenvolvimiento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. El estudio rigoroso de los paisajes de sal y de su puesta en valor permitirán crear un recurso patrimonial puesto al servicio de la ciudadanía.

El importe total subvencionado por parte de la Consellería do Mar es de 74,496,68€, repartidos en dos anualidades(2018 e 2019). Proyecto GALP7-066.

A Guarda ven de instalar 15 paneis informativos con fotografías e informacións de interese sobre monumentos e fitos históricos da vila grazas a unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación contou cun orzamento de 13,612,50€ para a posta en valor dos elementos e fitos históricos con paneis de 30x20cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles, ademais dun código QR no que se pode acceder a unha páxina web na que ampliar máis información en varios idiomas, así coma fotografías panorámicas en 360º.

Esta actuación contou cun orzamento de 13,612,50€ para a posta en valor dos elementos e fitos históricos con paneis de 30x20cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles, ademais dun código QR no que se pode acceder a unha páxina web na que ampliar máis información en varios idiomas, así coma fotografías panorámicas en 360º.Esta actuación contou cun orzamento de 13,612,50€ para a posta en valor dos elementos e fitos históricos con paneis de 30x20cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles, ademais dun código QR no que se pode acceder a unha páxina web na que ampliar máis información en varios idiomas, así coma fotografías panorámicas en 360º.En total os paneis atópanse na Igrexa de Santa María, a Torre do Reló, a Igrexa Convento de San Bieito, o Manómetro Barométrico, a Capela de San Caetano, a Capela da Guía, a Capela de Santa Trega, a Igrexa da Nosa Señora da Visitación de Camposancos, o Cruceiro Pinto, a Capela de San Roque, a Igrexa de San Lourenzo de Salcidos, a Capela da Nosa Señora das Mercedes da Gándara, a Muralla Medieval da rúa Baixo Muro, a Muralla Medieval da rúa Ireira e a Praza San Marcos (Hospital).

No traballo de recopilación de informacións e fotografías contouse coa participación do becario de arquivo, da Concellería de Patrimonio, así coma de particulares que cederon material que é agora visible e do que pode gozar toda a cidadanía guardesa e visitantes.

Esta actuación contou cun orzamento de 13,612,50€ para a posta en valor dos elementos e fitos históricos con paneis de 30x20cm que amosan fotografías, planos e textos sobre cada un deles, ademais dun código QR no que se pode acceder a unha páxina web na que ampliar máis información en varios idiomas, así coma fotografías panorámicas en 360º.

O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encabezado por Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC) e Mar Cortegoso, directora das escavacións, ven de avanzar nas investigacións sobre as Salinas do Seixal e Camposancos, dando pé a unha importante novidade; estas salinas forman parte do maior complexo de explotación do sal mariño ata agora documentado de todo o Imperio Romano, e que estaría formado por máis zonas salineiras da fachada atlántica do noroeste peninsular, emprazadas en Vigo, Cangas, Oia, Viana do Castelo e Matosinhos.

Estes avances, a piques de pechar xa a primeira parte deste proxecto, poñen de manifesto a importancia e relevancia desta zona para a produción de sal en época romana. Os investigadores que coordinan o proxecto consideran que este sal estaría destinado á produción de salgadura de peixe, unha industria que xa no tempo de Roma parece ter unha gran importancia nas costas do noroeste da Península Ibérica.

As evidencias identificadas de produción do sal dentro do proxecto «Mar de Sal» teñen unha enorme transcendencia dado que a penas existen probas arqueolóxicas claras de salinas mariñas en todo o Imperio Romano. As estruturas documentadas na Guarda forman parte dun complexo maior que se estende polas costas da antiga Gallaecia e que supón unha mostra excepcional da produción de sal no mundo antigo, cun enorme valor científico e potencial patrimonial.

As estruturas documentadas na Guarda forman parte dun complexo maior que se estende polas costas da antiga Gallaecia e que supón unha mostra excepcional da produción de sal no mundo antigo, cun enorme valor científico e potencial patrimonial. As estruturas documentadas na Guarda forman parte dun complexo maior que se estende polas costas da antiga Gallaecia e que supón unha mostra excepcional da produción de sal no mundo antigo, cun enorme valor científico e potencial patrimonial.

Durante o transcurso destas escavacións, e tal e como avanzou Mar Cortegoso, apareceron estruturas iguais ás documentadas nas Salinas de Vigo, moi características da época Romana, e que non deixan dúbidas sobre a súa cronoloxía. Os materiais documentados na salina son semellantes aos que aparecen no castro do monte Trega da Guarda, o que confirma a relación entre estes dous espazos e a súa ocupación parcialmente sincrónica no tempo.

Aínda quedan moitas dúbidas por despexar. Gracias ás investigacións levadas a cabo sábese que as salinas son romanas pero hai que afinar a súa cronoloxía con datacións mediante carbono 14 e coa datación dos pavimentos por termoluminiscencia; probas técnicas que confirmarán, máis polo miúdo, o que xa se pon de manifesto tralas escavacións: a importancia destas Salinas para o Imperio Romano e que estas forman parte dun complexo moito maior.

Ademais, este proxecto tamén permitiu coñecer as variacións existentes no nivel do mar entre a época romana e a actual. As salinas está parcialmente desmontadas polo mar, o que mostra que no tempo dos romanos o nivel da liña de costa era máis baixo.

Durante o período final das escavacións contouse coa participación de alumnos das Universidades de Coímbra, Vigo e Santiago de Compostela. Un traballo conxunto entre profesionais da arqueoloxía e alumnos en prácticas de formación fundamental para que os futuros arqueólogos se formen no traballo de campo.

As estruturas documentadas na Guarda forman parte dun complexo maior que se estende polas costas da antiga Gallaecia e que supón unha mostra excepcional da produción de sal no mundo antigo, cun enorme valor científico e potencial patrimonial.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

Dende o departamento de Turismo do Concello da Guarda dáse a oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega grazas á oferta de visitas guiadas a este espazo. Durante o mes de setembro as visitas concentraranse os sábados e domingos cunha oferta de dous diferentes percorridos.

Polo tanto, as fins de semana ata finais de agosto, agás o día 23, que pola celebración do Día de Santa Trega non se realizará visita, poderase coñecer o Monte Santa Trega acompañado dun guía.

Durante os meses de xullo e agosto máis de 1400 persoas participaron nas visitas guiadas realizadas, que contaron cun gran éxito de afluencia, persoas de multitude de nacionalidades distintas, atraídas polo grande interese patrimonial deste espazo, así como pola riqueza arqueolóxica do Monte Santa Trega e as súas indiscutibles vistas panorámicas e paisaxes con encanto.

Aquelas persoas que desexen realizar unha visita guiada completa polo emblemático monte e coñecer máis polo miúdo o seu valor arqueolóxico, relixioso e paisaxístico, poderán participar nas saídas ás 12:30 h e ás 17:00 h do Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT. Dende alí, as e os participantes coñecerán as pezas expostas no museo e continuarán coa visita a ermida de Santa Trega para despois baixar polo sendeiro do Vía Crucis ata o Castro de Santa Trega onde se explicarán os contidos arqueolóxicos deste espazo escavado. Esta visita terá unha duración aproximada de 90 minutos.

Ademais ás 11:30 ofrecerase a oportunidade de realizar unas visitas guiadas centradas unicamente no castro, cunha explicación do xacemento arqueolóxico de 30 minutos de duración.

As persoas interesadas en participar deberán presentarse á hora de saída no punto de encontro indicado. Malia que as visitas son gratuítas, compre ter en conta que o taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para as persoas adultas e de 0,50€ para os e as menores de 14 anos. Os grupos formados por máis de 10 persoas deberán reservar a súa visita previamente chamando ao Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (986 610 504).

O pasado venres día 24 de marzo pechouse na Guarda a tempada de barferencias celebradas na vila durante estes meses de inverno. Durante os pasados cinco meses diversos locais da vila acolleron estas barferencias nas que expertos, profesores e investigadores de recoñecido prestixio realizaron ponencias sobre diversos temas.

A última das barferencias, que tivo como ponente á investigadora posdoctoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Martín Seijo, versou sobre “A xestión do bosque e do monte polas comunidades da Idade de Ferro”. Ante os asistentes que se achegaron ata o Restaurante O Forte, a arqueóloga e especialista en arqueobotánica expuxo e compartiu os seus amplos coñecementos da temática sobre a cal versou tamén a súa tese pola que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento. Para isto realizou un breve percorrido pola Idade do Ferro e a relación destas comunidades co bosque a partir da xestión dos recursos forestais, fundamentalmente da madeira. Tras a charla os presentes amosaron o seu interese, debatendo os distintos aspectos tratados e realizando preguntas sobre o tema.

Deste xeito péchase o programa de barferencias 2016/17 co que o Concello da Guarda ofreceu aos veciños e veciñas cinco ponencias nas que se trataron temas tan interesantes e diversos como a minería de ouro ou a historia do Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), que este ano celebra o seu centenario, entre outros.

Dende o Concello agárdase que estas barferencias resultaran interesantes e foran desfrutadas polos guardeses e guardesas e poder así seguir, a vindeira tempada, organizando novas barferencias coas que debater e descubrir novos coñecementos nun ambiente distendido.

Este ano 2017 conmemorase unha data moi sinalada para a vila da Guarda e a súa historia: o centenario do Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT), e o sábado 28 de xaneiro tivo lugar a primeira das actividades programadas para celebralo.

Nun Centro Cultural completamente cheo, o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez presentou o seu libro “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte”. Trátase da terceira e última parte da súa triloxía sobre a Sociedade Pro-Monte, creadora do propio MASAT, e que completa os dous anteriores volumes publicados en 2004 e 2014.

Ao acto acudiron numerosas autoridades locais e provinciais, así como veciños da Guarda e doutras vilas da contorna. Os encargados de inaugurar o evento foron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de Patrimonio, Javier Crespo.

O alcalde deu comezo á presentación agradecendo a tódolos asistentes por encher o Salón de Actos, demostrando así a gran importancia que esta data tiña para toda a Comarca do Baixo Miño. Ademais, puxo en valor o traballo de Villa e da propia Sociedade Pro-Monte, á que asegurou os guardeses e guardesas lle deben o traballo de dar a coñecer a riqueza da xoia que é o Monte Santa Trega e aos que se pode considerar como os fundadores do turismo da Guarda.

Pola súa banda o concelleiro de Patrimonio tamén destacou e agradeceu a asistencia dos presentes a unha presentación que se ofrece tras varios anos de traballo de investigación e documentación do historiador acerca da Sociedade Pro-Monte e do propio Monte Santa Trega. Ademais mostrou o seu agradecemento persoal a Villa por invitalo a presentar este libro, para o cal falou de xeito detallado do autor, do contexto histórico que abarca a obra (1939-1979) e do propio libro.

Tras a introdución do alcalde e do concelleiro, o autor realizou a presentación dunha obra coa que, afirmou, pecha unha triloxía que lle permitiu ter o pracer de estudar a Sociedade Pro-Monte. Para o autor a importancia desta sociedade, que considera unha das sociedades culturais máis importantes da Guarda e de Galicia, radica en que conseguiron que o Trega sexa a día de hoxe o segundo lugar máis visitado de toda Galicia, tras a Catedral de Santiago.

Esta terceira parte é a máis ampla e complexa das tres, xa que abarca un período de tempo máis amplo e recente. Isto supuxo para o autor vantaxes e inconvenientes. Por un lado, existen máis fontes documentais (unha das grandes fortalezas da súa obra) e testemuñas que podan aportar datos o acaecido durante o período. Pero por outro tamén hai máis versións contraditorias entre os que viviron eses anos, polo que é máis importante acudir a fontes documentais.

As palabras do autor, do concelleiro e do alcalde durante a presentación estiveron acompañados de documentos gráficos de gran valor que se podían ver na pantalla do escenario como vídeos de acontecementos históricos da época, fotografías dos seis presidentes que tivo a Sociedade Pro-Monte durante eses 40 anos, ou imaxes das diversas fontes e materiais documentais ás que tivo acceso o autor para realizar a obra.

Despois da presentación o autor asinou os libros que os asistentes adquiriran antes do evento, pois tanto antes como despois xa se puxeron á venta, dando por rematada así a que foi para todos unha velada histórica para a vila da Guarda e para os guardeses e guardesas.