• A iniciativa, que conta coa colaboración do montañista, aventureiro e presentador Jesús Calleja, busca concienciar á cidadanía sobre a necesidade de manter as costas españolas libres de residuos.

• A través dunha votación pública, os españoles poderán escoller tres praias de entre 12 seleccionadas ao longo do litoral, para que sexan obxecto dunha xornada de limpeza por parte de voluntarios medioambientais no outono.

• Ademais das entidades FSC e Paisaje Limpio, no acto estiveron presentes autoridades locais dos municipios cuxos enclaves participan no concurso, entre os que se entopaba unha representante da localidade galega da Guarda.

As praias galegas da Guarda foron unhas das 12 paraxes costeiras seleccionadas para participar na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos. A iniciativa, impulsada por Procter & Gamble (P&G) e Carrefour en colaboración coa ONG Paisaje Limpio e que volta a contar co respaldo do aventureiro Jesús Calleja como embaixador, busca concienciar á cidadanía sobre o impacto de tirar residuos nas praias e sobre a necesidade de actuar e tomar decisións para aportar solucións a un problema que nos afecta directamente, como é o cambio climático.

Nesta edición, presentada como antesala do Día Mundial do Medioambiente, 12 praias competirán por ser as escollidas polos españoles para acoller unha xornada intensiva de limpeza por parte de voluntarios medioambientais o próximo outono. Como novidade, nesta ocasión serán tres, en vez dunha, as seleccionadas no concurso de #MiPlayaSinPlásticos, cuxas votacións estarán abertas ata o próximo 31 de agosto en neste enlace: https://bit.ly/2Mqcsb9.

O acto de arranque, que se ten celebrado por primiera vez en formato online, contou coa participación de diversas autoridades locais das Comunidades e municipios cuxos enclaves formarán parte das votacións, entre os que tomou parte unha representante da localidade galega da Guarda.

Durante a presentación, Jesús Calleja lanzou un chamamento aos españoles para que, entre todos, preservemos a recuperación que ten experimentado o entorno durante a emerxencia sanitaria. “A naturaleza resurxíu e, agora, debemos manter este regalo. Queremos volver a desfrutar das nosas praias no seu mellor estado e homenaxealas retirando aqueles residuos que aínda existen. A natureza é fonte de vida e benestar, a temos botado moitísimo de menos durante confinamento e, por elo, temos que coidala e respectala ao máximo”, engadíu.

Pola súa parte, Rami Baitiéh, director xeral de Carrefour España, sinalou que: “Con esta nova edición de #MiPlayaSinPlásticos queremos reafirmar noso compromiso co medio ambiente, cos nosos clientes e colaboradores. En definitiva, unha acción que nos implica nun gran desafío e que forma parte da nosa política de accións de RSC, da cal vos convidamos a formar parte”.

Unha idea que coincide coa transmitida por Javier Solans, director xeral de P&G en España e Portugal, quen sinalou: “A sostenibilidade é responsabilidade de todos e por elo, debemos unir as nosas forzas e crear alianzas poderosas que nos permitan contribuír a resolver este gran desafío. A emerxencia sanitaria fíxonos máis conscientes do valor que aporta ás nosas vidas a natureza. Por elo, debemos traballar para eliminar as pegadas de residuos que aínda existan e evitar novas imaxes das nosas praias cheas de desperdicios e, agora tamén, de obxectos como luvas ou máscaras”.

Unha fonte de riqueza natural que debe ser preservada

As praias da Guarda están situadas no estuario do río Miño, dende o que se pode mirar Portugal. Rodeadas dun fermoso pinar, vense afectadas pola marea, vento e os posibles residuos que arrastra o río a través das súas augas.

As marcas e as empresas teñen a oportunidade de axudar aos consumidores a vivir duhna maneira que coide e restaure o planeta a través de compras máis conscientes e hábitos de consumo responsables.

Sen embargo, a sostenibilidade e o coidado do noso entorno son retos que so poden ser abordados dende a colaboración de todos os actores que conforman a sociedade. Por elo, este ano, o acto de presentación contou tamén coa presencia de portavoces de Paisaje Limpio e FSC, así como con representantes dos doce municipios aos que pertencen as praias seleccionadas. Todos eles quixeron destacar a importancia deste tipo de iniciativas como altofalante e chamada á concienciación sobre a necesidade de manter limpo o entorno natural.

Unha iniciativa consolidada entre os españoles

Tan so tres anos despois da súa posta en marcha, #MiPlayaSinPlásticos se ten consolidado como unha iniciativa de éxito e efectiva no ámbito medioambiental. De feito, no 2019 bateu o seu récord de participación ao pechar a edición con 300.000 votos rexistrados e recoller, en so unha xornada de limpeza, máis de 600 kg. de residuos recollidos que foron clasificados e categorizados a través da ferramenta MARNOBA, avalada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). Unhas cifras que poñen de manifesto a crecente preocupación e implicación da cidadanía española en torno á sostenibilidade.

A principios de setembro daranse a coñecer as tres praias seleccionadas para ser limpadas de residuos da man de Carrefour, P&G, Paisaje Limpio e centos de voluntarios medioambientais. A nova edición de #MiPlayaSinPlásticos arranca así nunhas circunstancias sen precedentes para continuar concienciando sobre a importancia de manter los espazos naturais costeiros libres de residuos plásticos.

O pasado xoves día 5 de decembro escolares da Guarda participaron nunha xornada patrimonial e medioambiental na cal os alumnos e alumnas IES A Sangriña, HH Carmelitas e PP Somascos aproveitaron para coñecer as escavacións das Salinas do Seixal e as das Lagoas, ademais de recoller lixo sobre as rochas da zona do Puntal.

O proxecto “A Guarda, Mar de Sal” permitiu a restauración e consolidación definitiva das estruturas das Salinas Romanas da Zona do Seixal na Guarda.

Esta visita guiada, contou coa presenza de Mar Cortegoso, arqueóloga que participou nas escavacións así como os técnicos de Patrimonio e Desenvolvemento Local, que explicaron aos escolares como foi o proceso para descubrir e por en valor este importante elemento patrimonial.

A visita estivo dividida en dúas partes: unha parte divulgativa a cargo de Mar Cortegoso, e outra máis interactiva empregando a app da web https://www.mardesal.aguarda.es/proxecto-de-ciencia-cidada/ coa que os alumnos sacaron fotografías coas que identificar novas salinas rupestres. O proxecto de Ciencia Cidadá na Guarda, Mar de Sal, ten como obxectivo facilitar a participación da cidadanía na investigación científica da produción de sal na Antigüidade. É moi sinxelo: mediante unha app para móbil, calquera persoa interesada pode colaborar na recollida de datos en campo, participando na prospección de novos xacementos arqueolóxicos.

A actividade permitiu tamén unha recollida de lixo por parte dos escolares pola costa entre o Seixal e o Puntal, destacando o compromiso do proxecto co Medio Ambiente e o entorno onde se levou a cabo o mesmo.

Ao rematar a actividade, cada alumno foi agasallado cunha gorra e unha mochila de Mar de Sal.

As fotografías desta xornada se poden consultar nas redes sociais do Proxecto A Guarda, Mar de Sal: https://www.facebook.com/AGUARDAMARDESAL/

Esta actividade forma parte da segunda fase deste proxecto na cal se realiza a musealización do xacemento, se publican os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado e se convida a diferentes segmentos da poboación a participar en actividades de divulgación.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

-EVENTO APRAZADO-

O Concello da Guarda convida a participar no Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

A primeira actividade de «O Camiño Aguárdate» terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais nas que se inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta, en colaboración con A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, As prazas son limitadas.

Esta actividade consta dunha ruta polo tramo do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño de Santiago pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.

A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.

O pasado mércores día 24 de xullo o Director Xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, entregoulle ao concelleiro de Tráfico e emerxencias, e medio ambiente, Xan Lois Lomba, o diploma de ouro da Rede galega de praias se fume, asistiron tamén o tenente-alcalde, Anxo Baz e a concelleira Montserrat Magallanes.

Nestes momentos, 141 praias de 64 concellos integran a rede, sendo A Guarda un dos 10 municipios no que todas as súas praias se atopan dentro da rede.

A Rede, posta en marcha pola Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, é cada vez máis extensa, repartida non só nos concellos da costa, senón, tamén, polas ribeiras dos ríos, xa que conta con 29 praias fluviais, o que facilita poder elixir espazos libres de fume do tabaco para desfrutar do tempo de ocio.

Dende o Concello da Guarda recórdase que é moi necesaria a implicación de todos e a participación activa da sociedade para sensibilizar á poboación ante estes consumos de risco para a saúde.

As últimas cifras de prevalencia en Galicia indican que o 19,7% da poboación da nosa comunidade é fumadora e o 15,3% dos mozos e mozas de 16 a 24 anos fuman diariamente.