Dende o comezo da desescala e co inicio da volta a nova normalidade, o Concello da Guarda ven de reunirse cos diferentes sectores comerciais e do tecido económico da vila promovendo ademais accións de recuperación tralo Covid-19 para apoiar a economía e a reactivación turística da vila.

Xa dende o inicio da pandemia, apoiouse ós diferentes sectores comerciais no reparto de material de protección para os traballadores e na difusión a través das redes sociais, de aqueles establecementos que ofertaban reparto a domicilio.

Traballouse tamén durante o confinamento para que dende a semana pasada na Guarda arrancara o Marketplace www.mercanaguarda.com, que pretende funcionar como un gran mercado virtual onde estean representados aqueles comercios, negocios de restauración, postos do mercado municipal e incluso autónomos/as ou empresarios/as do sector primario da localidade que desexen vender os seus produtos de forma online, non só a nivel local senón tamén no resto de España e Portugal.

Tamén se teñen realizado accións e e traballado en diferentes medidas económicas, entre elas, a de posibilitar a ampliación de terrazas e a eliminación das taxas das mesmas no 2020.

Para poder escoitar e valorar as diversas accións que se levarán a cabo durante este verán 2020 de cara ó turismo e a reactivación económica, o Concello da Guarda reuniuse co sector da Pastelería-Panadaría o pasado martes 12 de Maio. Nesta reunión, na que estaban presentes a Técnica de Turismo, a Concelleira de Turismo e a Concelleira de Desenvolvemento Local, valorouse retomar a promoción do noso produto doce por excelencia, a Rosca de Xema da Guarda, creada no seo da Pastelería Montserrat no ano 1956.

O día 3 de Xuño foi o día no que se reuniron Hostaleiros, Cafeterías e Bares, para poder valorar conxuntamente posibles accións enfocadas a un turismo de proximidade e foráneo, ademais de escoitar as súas demandas e dúbidas xeradas pola “nova normalidade”. Así, nesta reunión, unha das iniciativas que xurdiron foi a de recibir asesoramento e formación para afrontar esta nova situación nos seus establecementos. Dita formación, será levada a cabo o próximo luns día 15 de xuño e todos os interesados nesta formación contarán con asesoramento durante o verán para resolver futuras dúbidas, ante a previsión de cambios na desescalada ou nova normalidade.

Os establecementos interesados en participar nesta formación poden inscribirse ata o xoves 11 de xuño a través de do enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 620 795 901.

Tal e como se anunciou a pasada semana, A Guarda contará tamén cunha comisión especial para a reactivación económica formada por representantes de diferentes sectores da vila, que traballará de xeito coordinado co equipo de goberno para buscar solucións apoiar aos negocios locais nestes duros momentos.

O Concello da Guarda oferta unha nova actividade de formación especialmente dedicada a empresas do sector da hostalaría e do aloxamento, co obxectivo de mellorar a calidade da atención aos clientes destas empresas.

O curso, totalmente de balde, terá comezo no mes de novembro e as inscricións están abertas ata o vindeiro 23 de outubro na Oficina de Turismo do Concello da Guarda, na Praza do Reló, chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

As clases terán lugar no antigo colexio Sinde da Rúa Puerto Rico todos os mércores en horario de 17:00h a 19:30h ata o 18 de decembro, cun total de 20 horas lectivas.

O inicio e presentación do curso será o 5 de novembro, unha boa oportunidade para mellorar a lingua inglesa, cunha temática enfocada ao sector da hostalaría e dos aloxamentos, que permitirá aos participantes mellorar o seu vocabulario e a atención aos seus clientes de fala inglesa.

O Concello da Guarda organiza un novo curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.

Neste curso, totalmente de balde, traballarase o perfeccionamento na xestión das redes sociais para mellorar reputación online, captación de clientes e branding da marca do establecemento.

O curso terá unha duración total de 10 horas e realizarase os mércores de outubro en horario de 17:00h a 19:00h.

O prazo de inscricións está xa aberto ata o 25 de setembro a través da Oficina de Turismo da Guarda, as persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986614546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, no que participan dende o pasado 16 de febreiro un total de 15 alumnos e alumnas nas instalacións de Informática San Benito.

O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, no que participan dende o pasado 16 de febreiro un total de 15 alumnos e alumnas nas instalacións de Informática San Benito.Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, no que participan dende o pasado 16 de febreiro un total de 15 alumnos e alumnas nas instalacións de Informática San Benito.O curso terá unha duración total de 80 horas. das cales, 40 horas estarán destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos. Polo que ao finalizar, o alumnado tamén recibirá el diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completarase coas indicacións en alérxenos. Esta formación realizase os sábados pola mañá de 9.00 a 14.00h. e realizarase unha formación “insitu” nas instalacións do Hotel El Molino.

Esta formación completarase con outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes da Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno.

O pasado sábado o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, visitaron aos alumnos e alumnas na segunda xornada deste curso, no que aproveitaron para dar ánimos e convidar a complementar a súa formación con este tipo de cursos, de cara a poder ofertar un servizo de calidade nos diferentes bares e restaurantes do municipio.

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, no que participan dende o pasado 16 de febreiro un total de 15 alumnos e alumnas nas instalacións de Informática San Benito.