O Concello da Guarda organiza un novo curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.

Neste curso, totalmente de balde, traballarase o perfeccionamento na xestión das redes sociais para mellorar reputación online, captación de clientes e branding da marca do establecemento.

O curso terá unha duración total de 10 horas e realizarase os mércores de outubro en horario de 17:00h a 19:00h.

O prazo de inscricións está xa aberto ata o 25 de setembro a través da Oficina de Turismo da Guarda, as persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986614546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda organizou un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que tivo lugar entre os meses de febreiro e abril.

O obxectivo principal foi o de formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

A programación estivo deseñada para que as persoas participantes adquirisen as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

O curso tivo unha duración total de 80 horas. das cales, 40 horas estiveron destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos.

O alumnado tamén recibiu o diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completouse coas indicacións en alérxenos.

A esta formación se lle engadiron outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes da Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno, promovendo tamén a posible incorporación deste alumnado ao mercado laboral local de xeito inmediato de cara a vindeira tempada estival.

O Concello da Guarda ven de abrir o prazo de inscricións para un curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.

Neste curso traballarase con diferentes ferramentas online que permiten xestionar e promover na rede diferentes tipos de establecementos turísticos, falamos de ferramentas como tripadvisor, booking… de xestión de reservas, ofertas e promoción de produtos, reputación online, entre outras.

O Curso, cunha duración total de 6 horas, realizarase os mércores días 8, 15 e 22 de maio en horario de 17:00h a 19:00h.

O prazo de inscricións está xa aberto do 23 de abril ata o 3 de maio a través da Oficina de Turismo da Guarda, as persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986614546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.

O GALP Ría de Vigo – A Guarda organiza un curso sobre turismo mariñeiro cunha duración total de 10 horas repartidas ao longo de 3 xornadas, especialmente adicado a persoas vencelladas ao sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola e que terá lugar na Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda.

O Curso terá inicio o vindeiro 26 de febreiro en horario de 16:00h a 20:00h e entre o programa formativo se inclúen accións e módulos sobre as características e beneficios do Turismo mariñeiro, captación de público, amosar o porto e a lonxa como profesional do mar, cultura mariñeira, deseño dun itinerario das instalacións portuarias, recepción de turistas, entre outros.

A actividade ten un cupo mínimo de 10 persoas e máximo de 25 persoas, todas as persoas interesadas en participar deben enviar un correo a galpvigoaguarda@yahoo.es indicando o nome completo, DNI e entidade á que pertence.