Tag: concello a guarda

A finalidade é modernizar infraestruturas e mellorar a calidade e a competitividade da oferta turística.

Dirixida a establecementos cunha antigüidade mínima de 5 anos (inscrición do REAT):
-Establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos.
-Restaurantes, bares e cafeterías.

• Investimento máximo: 100.000 €, o IVE non está incluído
• Contía da axuda: entre o 30% e o 50%, sendo o máximo 50.000€ a percibir
Prazo de solicitudes: remata o xoves 4 de marzo de 2021
• Prazo xustificar o investimento: do 31 de outubro de 2021
• Investimentos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2021
• A Axencia de Turismo de Galicia tramita a presente axuda

Os investimentos subvencionables son:

  1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
  5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  7. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
  8. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos

Esta subvención regúlase en réxime de concorrencia competitiva polo que o importe a subvencionar será resultado dos criterios de valoración como a antigüidade, grado de investimento, impacto no emprego entre outros. A posesión dun certificado de calidade turística como SICTED, ademais de mellorar a xestión do establemento facilitica acadar puntuación nalgunas subvencións.

Esta axuda é compatible coa percepción doutras subvencións, sempre que o importe total non supere o custo da actividade subvencionada. Excepto coas axudas da Axencia Turismo de Galicia, sendo incompatible coa convocatoria para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (código do procedemento TU501D).

DOGA 4/02/2021 subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración (código de procedemento TU503A)