O punto de información turística municipal habilitado no porto da Guarda comezou a funcionar o pasado 1 de xullo, coincidindo coa celebración da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
Este servizo reforza durante os meses de verán o ofertado pola oficina de información turística do Concello da Guarda, atendendo ós visitantes e turistas que soliciten información de interese turístico e cultural tanto da localidade como da comarca. O seu horario de atención ó público é, de luns a domingo, de 11:00 a 14 horas e, xa pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas.