Esta semana as saídas do ferry apenas se veran afectadas pola marea baixa. Tan só provocará algunhas cancelacións o martes e mércores.

Polo tanto achégase o horario definitivo ata o domingo 4 de xuño onde se indica as saídas canceladas polas mareas con NON na casilla correspondente. Ademais están marcadas as casillas connon aseguradaas saídas non aseguradas ata o mesmo día xa que será o patrón do ferry quen indique se hai suficiente calado. Por iso, recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.

Esta semana as saídas do ferry apenas veranse afectadas pola marea baixa. Tan só haberá algunha cancelación polas tardes da fin de semana.

A continuación inclúese o cadro co horario definitivo ata o domingo 7 de maio. Os recadros en vermello indican que non se realiza esa saída por descanso de persoal ou ben por marea baixa nas tardes do sábado e domingo. Ademais marcouse en rosa e con asterisco aquelas saídas que non están garantidas ata o mesmo día xa que será o patrón quen indique si hai ou non suficiente calado. Por esta razón, recoméndase chamar ao despacho de billetes ao teléfono 986 61 15 26 e no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.

O tren turístico é unha alternativa de entretemento para os visitantes que se achegan ata Caminha e A Guarda e que aproveitan esta oportunidade de percorrer as vilas empregando un tren que incluirá as explicacións dunha guía.

Hoxe mércores 12 de abril tivo lugar no entorno do porto pesqueiro a presentación do tren turístico que dará a coñecer A Guarda e Caminha aos visitantes ata o vindeiro outono. Neste acto estiveron presentes os medios de comunicación galegos e portugueses e os representantes das Asociacións de empresarios da Guarda e da Confraría de Pescadores de Santa Trega.

Segundo indicou Roberto Martínez, xerente da empresa do tren turístico, durante estas primeiras semanas o tren realizará diferentes percorridos para definir os horarios e recorridos máis adecuados en función do tráfico e do horarios do ferry. Ademais a empresa manterá encontros co sector da restauración e así poder ofertar paquetes turísticos máis completos. Xa que a previsión é que o tren turístico se manteña ata mediados de outubro en funcionamento. Polo que se ofrecerán diferentes percorridos e horarios para os visitantes e de paquetes turísticos xa pechados para grupos concertados.

Para as datas de Semana Santa, de xoves a domingo, o tren turístico ofrecerá recorridos polo casco urbano da Guarda con saídas ás 10.00, 11.00 e 12.00. E aqueles que queiran visitar a vila de Caminha cruzando o Miño co ferry terán dúas saídas. A primeira saída é ás 13.00 e regreso ás 15.00h e a segunda saída é ás 17.00 e regreso ás 19.00h. Estes horarios foron desexados debido ao funcionamento do ferry. Todas as saídas serán dende o porto, xunto ao monumento ao mariñeiro e a lonxa.

 

A partir do sábado 8 de abril o ferry volverá a unir as dúas ribeiras do Miño.

A paralización do servizo do ferry debeuse a que estivo no estaleiro dende marzo para acometer os traballos de mantemento anuais.

Unha vez rematados este traballos o ferry retoma o seu servizo e manterá o horario de inverno que habitualmente estaba realizando.

Aínda que mellorou a navegabilidade pode haber cancelacións moi puntuais coas mareas máis baixas ou cando haxa néboa espesa que non permita a visibilidade no río. Por iso, recomendase informarse no mesmo día no teléfono do despacho de billetes: (+34) 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00.

Como cada ano, dende o Concello da Guarda organízanse diversas andainas coas que se busca ofrecer aos veciños e veciñas alternativas de lecer saudable e ao aire libre. A primeira destas andainas terá lugar o sábado 25 de marzo, cun percorrido de 17 quilómetros. A saída realizarase dende o Camiño dos Burros en San Xián (O Rosal) ata chegar á Guarda. Esta andaina é gratuíta e as inscricións poderán realizarse ata o 20 de marzo xa que se emprega un autocar para o traslado dos participantes ata o inicio da ruta.

Este ano volveuse a organizar esta actividade conxuntamente coa localidade portuguesa de Caminha e na que se ofertarán 6 andainas programadas dende a Concellería de Deporte e Patrimonio para este 2017.

Para as dúas andainas organizadas antes do descanso de verán o prazo de inscrición pechará o 19 de abril. A segunda andaina será o sábado día 6 de maio. Trátase dunha ruta entre Allariz e Augas Santas, cunha distancia total de 15 quilómetros; e a terceira realizarase o sábado 3 de xuño, nunha ruta de tamén 15 quilómetros, pola Illa de Arousa.

En agosto, o luns 28, está programada unha andaina á Romaría de Arga de San Joao en Caminha, na que se poderán inscribir ata o 21 do mesmo mes.

A seguinte será en setembro, o sábado día 16, e proponse unha ruta de 22 quilómetros polas Fortalezas do Baixo Miño. A última terá lugar o sábado 7 de outubro, cunha ruta polas Lagoas de Bertiandos e S. Pedro (Ponte de Lima). O prazo de inscrición para estas dúas andainas estará aberto ata o 30 de agosto.

Todos os interesados en realizar as inscricións, consultar calquera dúbida ou obter máis información poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

.

Por mor da coincidencia coa pesca da angula que se está a realizar estes días, o ferry verá modificado o seu horario. Tanto hoxe, xoves día 22 de decembro, como mañá o último servizo dende A Guarda será ás 18’30 horas e dende Caminha, a última viaxe se realizará ás 18 horas.

Ademais, infórmase que o sábado 24 e o domingo día 25 de decembro, coincidindo coa celebración do día de Nadal, non haberá servizo de ferry. Tampouco o vindeiro día 31.

En calquera caso, recórdase que para calquera dúbida os horarios poden ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.