Xa está dispoñible o prodecemento na sede electrónica da Xunta as axudas para o sector da hostalería (TR500C) e outras actividades pechadas (TR500D) conforme a normativa dictada polas autoridades sanitarias.

  • Estas axudas son compatibles con outras específicas como as axudas para autónomos e microempresas do II Plan de Rescate publicado na semana anterior.
  • O prazo para solicitar ditas axudas remata o 23 de marzo.
  • Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina do Autónomo ou no teléfono 900 81 56 00.

PROGRAMA I HOSTALERÍA

Destinatarios:

  • Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica do sector da hostalaría e con domicilio fiscal en Galicia.
  • Neste programa considerase hostalería as empresas de aloxamento: hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos.
  • Quedan excluídos os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos,
  • Poderán optar as axudas os establecementos afectados polo peche interior, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.
  • Tamén poderán optar os destinatarios que solicitaran aprazamento das súas obrigas tributarias (Seguridade Social e/ou Administración da Comunidade Autónoma). A débeda non poderá superar o 80% da axuda a percibir e as persoas beneficiarias deben comprometerse a saldalas e comunicalo no prazo de quince días.

Importe da axuda:

  • Establecese polo peche do interior dos establecementos de hostalería e no caso dos aloxamentos polo peche perimetral.
  • Aos establecementos do Concello da Guarda correspóndelles o importe máximo da axuda: 2.700 € xa que as medidas decretadas datan do 13 de xaneiro (artigo 8. 1. e/f).
  • Os establecementos con 10 traballadores ou máis incrementarase en 1.000 € a cuantía anterior.
  • As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda.

DOG Núm. 36 ORDE do 22 de febreiro de 2021

 

Aquí dispoñen dun resumo dos requisitos:

Programa I sector da hostalería

 

Programa II outras actividades pechadas