Caldo, empanada e Lacón con grelos para recibir o Entroido na Guarda

O Concello da Guarda da a benvida ao Entroido 2019 cunha oferta gastronómica especial a través do «Menú de Entroido» no que ao longo de 4 días, do sábado 2 ao martes 5 de marzo, un total de 6 establecementos de hostalaría da Guarda disporán para os seus clientes un menú que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con Filloas ou Ourellas de Entroido.

O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

Ademais A Guarda contará neste Entroido cunha ampla programación de actividades para todas as idades nas que se inclúen o tradicional desfile infantil do venres e o desfile-concurso do martes de entroido, oferta gastronómica especial en establecementos de hostalaría da vila, así coma actuacións musicais, que nesta edición correrán a cargo de «Monk Blues Band», «DJ Guille», «Orquestra D´Moda» e «CÉ Orquestra Pantasma».

Dende a Concellería de Cultura convídase novamente a toda a cidadanía a participar nesta variada e animada programación para gozar do Entroido Guardés que terá inicio o venres 1 de marzo co Desfile dos Coles a partires das 12:00h dende a Alameda da Guarda ata a Esquina do Galo, baixo a organización dos Colexios da Guarda.

A programación continúa o sábado 2 de marzo co «Sábado de Guateque» a partires das 23:30h na Alameda da Guarda, onde os asistentes poderán gozar da música co concerto de «Monk Blues Band» e posterior pinchada retro a cargo de «DJ Guille».

Para a xornada do Domingo día 3 de marzo está programado o «Domingo das Familias», cando a Alameda da Guarda acollerá unha actuación musical da Orquestra «D´Moda» a partires das 18:00h.

O Luns día 4 de marzo os nenos e nenas da vila terán unha actividade moi especial coa «CÉ Orquestra Pantasma», con obradoiros e festa infantil da man de Matrácala a partires das 18:00h na Alameda da Guarda.

Xa para rematar a programación do Entroido Guardés 2019, o Martes día 5 de marzo ás 17:30h celebraráse o Desfile-Concurso de Entroido co acompañamento de «Aviadores Tolos e da Charanga «Vaia Panda», saída dende a Esquina Famosa e chegada á Alameda da Guarda.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2019

VENRES 1 DE MARZO, ás 12:00
DESFILE DOS COLES
Dende a Alameda da Guarda ata Esquina do Galo
Organizan: Colexios da Guarda

SÁBADO 2 DE MARZO,
SÁBADO DE GUATEQUE
Concerto de “Monk Blues Band”
E despois: pinchada retro con “DJ Guille”
Alameda da Guarda a partir das 23:30

DOMINGO 3 DE MARZO
DOMINGO DAS FAMILIAS
Actuación da Orquesta D’moda
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

LUNS 4 DE MARZO,
LUNS DOS NENOS
Actuación de “CÉ Orquesta Pantasma”, obradoiros e festa infantil da dan de Matrácala
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

MARTES 5 DE MARZO, ás 17:30h.
MARTES DO DESFILE
Desfile-concurso de Entroido co acompañamento de “Aviadores Tolos” e a charanga “Vaia Panda”
Ínformate en www.aguarda.es e participa en algunha das categorías. Dende a Esquina Famosa ata a Alameda da Guarda

Comentarios

Leave a Reply