A visita nocturna ao casco urbano e a 15k do Atlántico centran a programación para esta fin de semana na Guarda

A visita nocturna ao casco urbano e a 15k do Atlántico centran a programación para esta fin de semana na Guarda

Esta fin de semana A Guarda acolle varias actividades entre as que destacan a celebración dunha visita nocturna ao caso urbano e a celebración da 15k do atlántico.

VENRES 27

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

SÁBADO 28

O Concello da Guarda organiza este sábado con motivo do Día Mundial do Turismo unha visita guiada polo rico patrimonio existente no casco urbano da Guarda.

Despois da boa acollida das visitas singulares que tiveron lugar durante este verán escolleuse celebrar esta data para coñecer parte da historia do noso municipio, pero co encanto da noite guardesa.

A visita guiada sairá ás 23:00h dende a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Esta visita guiada ten unha duración aproximada dunha hora e rematará no Pirún, un miradoiro que ofrece unha excelente panorámica nocturna sobre o Porto da Guarda.
Non é preciso inscribirse pero si que se recomenda levar unha lanterna.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

DOMINGO 29

Este domingo día 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira, que contará nesta edición cun total de 555 participantes.

A Carreira partirá como cada ano ás 11:00h dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta. A andaina sairá ás 10:00h e a ruta a patíns ás 10:30h.

Comments

Leave a Reply