«A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos» proxecto finalista dos II Premios Economía Azul

O pasado venres día 27 de setembro de 2019 foron presentados a segunda edición dos Premios da Economía Azul promovidos dende a Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro co obxectivo de motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).

O proxecto «A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos» resultou finalista dos II Premios Economía Azul na categoría de Diversificación, recoñecendo os mellores proxectos de desenvolvemento sostible nas zonas pesqueiras galegas, aprobados no marco da implantación das EDLP dos GALP.

Dende o martes 1 de outubro se abren as votacións dos proxectos a través da web galp.xunta.gal, cada persoa poderá votar a un proxecto en cada unha das 5 categorías ata o 20 de outubro. O proxecto que reciba máis votos en cada categoría será o que resulte premiado o día 25 de outubro na gala que se celebrará no Salón de Convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura. Os galardóns non teñen dotación económica, pero supoñen un recoñecemento público para os proxectos destacados.

Comentarios

Carmen maria
2 October, 2019
Un proxecto para dar a coñecer A Guarda

Leave a Reply