A Guarda oferta este verán visitas guiadas polo casco urbano

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de por en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro.

As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló.

Este ano ofertaranse dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular no casco histórico: “Prazas antigas e novas” e os xoves a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”.

A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

Horarios da Rede de Museos

A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico de Santa Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.

• MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.

• Museo do Mar: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.

• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: Os fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberto de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h.

Comentarios

Leave a Reply