O sábado comezará a servirse o «Menú de Entroido» nos sete restaurantes participantes

O sábado comezará a servirse o «Menú de Entroido» nos sete restaurantes participantes

Dende o sábado 10 e ata o vindeiro martes 13 de febreiro, ofertarase o popular «Menú de Entroido» en sete restaurantes da Guarda. A iniciativa gastronómica, impulsada polo departamento de Turismo, contará cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar por un prezo único de 18 euros.

O menú por persoa constará dun primeiro prato a elixir entre caldo ou empanada, e un segundo composto por lacón con grelos, patacas e chourizo, amais dunha sobremesa típica destas datas: filloas ou orellas de Entroido. O prezo inclúe o viño e o café.

Os restaurantes adheridos á inicitiva son Arruaz (986 614 571 ), La Pizzicata (986 611 534), Camping Santa Tecla (986 685 461), Novo Funil (986 098 480), O Cangrexa (986 611 107), Xantar (986 611 184) e Xeito (986 610 474).

Recoméndase reservar mesa previamente no restaurante a fin de asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos.

 

Comentarios

Leave a Reply