Penúltima visita teatralizada este xoves no casco histórico da Guarda

Penúltima visita teatralizada este xoves no casco histórico da Guarda

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda vai chegando ao seu fin coa penúltima cita cos Quinquiláns no casco histórico da Guarda, este xoves día 23 de agosto ás 21:00h, con saída dende a Praza do Reló.

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda vai chegando ao seu fin coa penúltima cita cos Quinquiláns no casco histórico da Guarda, este xoves día 23 de agosto ás 21:00h, con saída dende a Praza do Reló.

As visitas teatralizadas congregaron xa a centos de persoas nas anteriores 5 citas levadas a cabo dende o pasado 5 de xullo, nunha actividade na que se mistura o contido histórico, a amenización musical e o bo facer dos Quinquilláns.

Dende a Concellería de Cultura convídase novamente a toda a cidadanía e aos visitantes nesta tempada estival, a que aproveiten esta oportunidade para coñecer un pouco da historia da nosa vila, dun xeito moi divertido e ameno.

Baixo o concepto “De alén mar para A Guarda” e enmarcado nas conmemoracións do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, as visitas teatralizadas deste verán toman coma fonte o libro “Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico”, obra do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez.

Esta actividade amosa á cidadanía a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado, involucrando aos participantes e facéndoos partícipes neste espectáculo. As visitas, realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorren o centro histórico, comezando ás 21.00h. na Praza do Reló, e seguindo pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ó Porto da Guarda.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, dan vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1918. Nese momento, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro do municipio.

A través deste fío condutor, a compañía fai unha intensa labor de contar como foi o proceso da creación desta xunta organizadora en Puerto Rico. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais, que variarán cada xoves.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos.

Comentarios

Leave a Reply