Inaugurada a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na Guarda

Inaugurada a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na Guarda

Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.

Neste caso o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Turismo participaron nesta inauguración na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.

Praxíteles, xa xubilado, dí que precisa de proxectos coma este para ter unha ilusión e coller con gañas cada novo día, entre as súas obras destacan varias maquetas, da Casa Indiana na que se atopa o Centro Cultural de A Guarda, da Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal ou tamén preto de 40 esculturas en barro e outras realizadas con materiais de refugallo.

Praxíteles González ten realizado diversas exposicións dos seus traballos na Feira de San Gregorio de Pías, no Concello do Rosal ou no Centro Cultural da Guarda.

Ademais destas obras, Praxíteles é tamén escritor, con 5 libros as súas costas coma “Embajadores de los Infiernos” con tres edicións e que trata sobre a vida dos cabaqueiros; “Ribeiras do Baixo Miño” sobre os usos e costumes do Rosal; “Topónimos, a Terra das nosas raíces” con más de 900 topónimos da Guarda e do Rosal xunto cun mapa de toponimia; “Yo también fuí contrabandista en el Estuario del Miño” sobre os tempos do estraperlo e o pisco na Comarca; e xa para finalizar o seu derradeiro libro “Yo también estuve en la República Federal Alemana”que trata sobre a emigración entre os anos 1960 e 1980.

Horarios de visita:

Xoves, Venres, sábado e domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Nesta Semana Santa a exposición terá lugar no contexto dunhas Xornadas de Portas Abertas para achegar o Centro de Interpretación das Fortalezas e o Castelo de Santa Cruz á cidadanía guardesa e visitantes, con entrada de balde.

Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.

Comentarios

Leave a Reply