A GUARDA CELEBRA A SEMANA SANTA CON VISITAS GUIADAS E PROCESIÓNS

A GUARDA CELEBRA A SEMANA SANTA CON VISITAS GUIADAS E PROCESIÓNS

O completo programa e o bo tempo permite que veciños, visitantes e turistas gocen da Semana Santa na Guarda. Este ano destaca a oferta de visitas guiadas para achegar a historia e o patrimonio aos interesados.

Para atender as consultas habilitouse un punto de información turística no MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, do martes 11 ao sábado 15 de abril de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h. Para calquera dúbida tamén pódese contactar no tel. 986 61 45 46.

Como novidade esta Semana Santa ofrécense visitas guiadas polo casco antigo e Castelo de Santa Cruz que permiten coñecer a historia da Guarda a través do patrimonio percorrendo as rúas e prazas do casco histórico incluíndo ao Castelo de Santa Cruz. Estas visitas comezaron o sábado pasado e realizaranse diariamente ata o sábado 15 de abril cunha duración de 90 minutos. Estas visitas guiadas comezan ás 12.00 h e o punto de comezo: porto da Guarda (diante da Igrexa de San Benito).

Ademais como cada ano realizaranse visitas guiadas ao Monte Santa Trega de 30 minutos de duración. Con motivo do centenario do Museo Arqueolóxico de Santa Trega realizaranse visitas guiadas ao MASAT nas que se amosarán as pezas expostas no museo e que foron atopadas durante as escavacións do castro. De martes 11 a sábado 15: ás 12.00h, 13.00h e 17:00h e o punto de comezo: entrada do Museo.

Sen esquecer as habituais visitas ao Castro de Santa Trega. De xoves 13 ao sábado 15: ás 11.00 – 12.00 – 13.00 / 16.00 – 17.00 – 18.00. O punto de comezo é a explanada da casa Forestal, a casa en pedra que se atopa despois de cruzar a zona escavada do castro.

As visitas guiadas son gratuítas e poden participar os interesados en descubrir o patrimonio e historia do Monte Santa Trega e do casco urbano. Para asistir as visitas non é preciso inscrición previa tan presentarse á hora de comezo no punto de encontro.

En canto aos horarios da Rede de Museos da Guarda:

  • MASAT– MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA. 10:00 – 20:00 (Excepto luns)

  • MUSEO DO MAR- ATALAIA. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00

  • CASTELO DE SANTA CRUZ como espazo público: 10:00 – 21:00

  • CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS FORTALEZAS DO MIÑO. De xoves a domingo: 11:00 – 14:00 / 16:00 – 19:00

O ferry de A Guarda – Caminha xa comezou a traballar o pasado sábado 8 de abril co seu horario habitual.

En canto aos actos relixiosos máis destacados son as procesións. O xoves santo destaca a Procesión dos pasos ás 20.30h e o venres santo ás 11.00h Procesión do Santo Encontro e ás 20.30 a Procesión do Santa Enterro.

A Semana Santa da Guarda pecha coas Festas da Pascua de Buxán. O sábado 15 destacan os concorridos con xogos populares ás 16.00h e a verbena a partir das 23.00. O domingo 16 reservase a mañá para zorzada e polbo á feira e amenizada polo grupo Airiños do Folón. Para a tarde a festa do biscoito ás 16.00h e ás 19.30h o broche ás festas será a cargo da actuación do Grupo Abóbriga.

Más info en Facebook Turismo A Guarda

Comentarios

Leave a Reply