FIN DE TEMPADA DO MASAT

FIN DE TEMPADA DO MASAT

O Museo Arqueolóxico de Santa Trega  ( MASAT) pecha as súas portas ata o vindeiro 15 de febreiro.

Rematamos este ano 2016 cun importante incremento de visitantes superando as 50.000 persoas, 1.372 máis que no 2015.

O próximo 2017 , vai ser un ano moi especial , xa que estamos de aniverasario. Celebramos o centenario da fundación do museo 1917-2017.Por este motivo levaranse a cabo diversas actividades das que iremos informando así comecemos a nova tempada en febreiro.

 

Un saúdo a todos os amigos do MASAT  e boas festas.

Comentarios

Leave a Reply