Fin de semana das Letras Galegas con moitas actividades na Guarda

Fin de semana marcado por la celebración de las Letras Gallegas, el Día Internacional de los Museos en A Guarda y el inicio de la Ruta gastronómica Tapearte, con muchas actividades para pequeños y mayores.

Fin de semana marcado pola celebración das Letras Galegas, o Día Internacional dos Museos na Guarda e o inicio da Ruta gastronómica Tapearte, con moitas actividades para pequenos e maiores.

Programación por días

VENRES 17:

O Venres 17 de maio ás 17:00h a Agrupación Cultural Guardesa organiza un festival folclórico coa participación de tódolos grupos da Guarda e se entregan os premios ós gañadores do concurso de relato e debuxo organizado pola Agrupación. A actividade comezará cun desfile dende a Alameda da Guarda, para proseguir no Auditorio de San Bieito.

Tamén na xornada deste venres a partires das 10:00h da mañá celebrarase nas pistas do Codesal a primeira edición do Torneo Día das Letras Galegas de Petanca, organizada dende o Clube de Petanca O Caldeiro e no que participarán 8 equipos.

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

SÁBADO 18:

Este sábado celébrase o Día Internacional dos Museos, que este ano se conmemora coa temática dos Museos coma eixos culturais e futuro das tradicións.

O ICOM quere centrar a celebración deste ano nos novos papeis dos museos coma actores activos en cada comunidade, nunha sociedade en contínuo cambio, na que tamén os museos se teñen que adaptar e reinventarse, sendo máis interactivos, flexibles e móbiles, espazo de coñecemento onde as persoas compartan e interactúen.

Entre as accións para conmemorar o Día Internacional dos Museos, dende o Concello da Guarda se organiza unha visita guiada ás Salinas Romanas do Seixal, aproveitando a segunda fase do proxecto «A Guarda, Mar de Sal» para a recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda. O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permiten crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía. Para esta visita guiada, que terá lugar o sábado 18 de maio ás 10:45h, é preciso unha inscrición previa no enderezo electrónico anabam.anabam@gmail.com ou no teléfono 616 180 557.

O punto de saída será o Porto da Guarda e a duración estimada desta visita é de 2 horas.

Ademais, tamén durante a xornada do sábado día 18 de maio, o acceso ao Monte de Santa Trega será de balde, contando tamén coas visitas guiadas postas en marcha dende o departamento de turismo para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

DOMINGO 19:

O día grande chega o vindeiro domingo día 19 de maio coa Festa das Letras na Praza do Reló «en caso de choiva na Casa dos Alonsos», contando entre a súa programación e actividades con venda de libros con descontos para os asistentes, postos de venda de artesanía, un xogo de pistas «Superlector», un stand con publicacións municipais e un sorteo final.

As actividades terán comezo na Praza do Reló ás 11:30h co Contacontos «A detective peregrina», a cargo de Polo Correo do Vento, seguido ás 13:00h dunha sesión de vermouth musical con «Roger de Flor».

Pola tarde, ás 16:30h celebraranse varios xogos populares entre os que destacan as carreiras de sacos, zancos, parchís xigante, entre outros.

Ás 18:00h terá lugar o espectáculo para nenos «Canta miña pedra canta» a cargo de Xoan Curiel e Charo Pita e rematará ás 20:00h cun traballo onde voz narrada e cantada contan historias recollidas no noso entorno baixo o título «Por unha peseta» a cargo da Compañía A Patacón con Vero Rilo e Faia Díaz (integrante do grupo De Vacas)

Xogo de Pistas «Superlector»

Unha das actividades principais desta Festa das Letras 2019 na Guarda e o Xogo de Pistas «Superlector», un xogo que consiste en buscar, a partires dun fragmento de texto, unha ilustración ou unha fotografía, ou título dos libros, a colección a que pertence e o seu autor. Nesta actividade poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 12 anos en tres categorías.

Para participar é preciso que se recollan as pistas no Centro Cultual en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, e entregarse resoltos o día 19 coincidindo coa Festa das Letras.

Unha vez completado o xogo, os participantes deberán entregar a pista resolta o día 19 de Maio na Festa das Letras na propia Praza do Reló para comprobar os resultados e, así, conseguir un Agasallo de SUPERLECTOR.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos dentro da Ruta Gastronómica Tapearte 2019, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

A ruta Tapearte estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

Comentarios

Leave a Reply