FESTAS DO MONTE: 2ª semana de agosto

117
Festa do monte
  • En 2017: Do 7 ao 15 de agosto
  • Lugar: No concello da Guarda
  • Organiza: Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O Cancelón.
  • Destaca: Variada programación con tres eventos centrais: sábado co desfile folclórico; domingo coa romaría no monte de Santa Trega e martes despedida coa tirada de fogos.

Festa de Galicia de Interese Turístico.

Estas festas xa centenarias son as máis destacadas da comarca. Durante a semana diferentes actos culturais e deportivos atraen a centos de visitantes e as noites están reservadas ao entretemento con citas musicais e verbenas.

Un dos principais eventos é o Desfile folclórico do sábado ao que asisten miles de persoas para contemplar os traxes rexionais e os grupos de gaitas e folclóricos invitados que enchen de música as rúas no seu percorrido. Tamén destacan a vintena de bandas mariñeiras que co seu toque de tambores e caixas fan único este desfile. Estas bandas mariñeiras, familias e os visitantes ascenden ao Monte Santa Trega a mañá do domingo para celebrar a cita máis importante, a romaría centenaria. As bandas distribúense pola cima do monte nunha ambiente moi animado cos seus tambores e caixas como protagonistas. O seu son pódese escoitar en todo o municipio sen descanso durante toda a romaría.

festas do monte

FIESTA DE LA LANGOSTA Y DE LA COCINA MARINERA: primer fin de semana de julio

valla 300x800 2017 BAJA
Festa da Langosta
  • En 2017: 30 de xuño, 1 e 2 de xullo.
  • Lugar: Porto
  • Organiza: Concello da Guarda
  • Destaca: No porto e baixo unha carpa pódese degustar a langosta e outros pratos mariñeros.

Festa de Galicia de Interese Turístico.

A calidade recoñecida da gastronomía guardesa traduciuse en 1991 coa primeira Festa da Lagosta. Desde esta primeira edición a gran afluencia de visitantes aseguro o éxito da festa.

Co paso dos anos a festa foi crecendo en días de celebración e a variedade de produtos do mar e doces que permitiron aumentar a oferta gastronómica e así chegar a todos os gustos. Deste xeito conseguiuse revalorizar a festa.

No porto instálase unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente da lagosta e demais pratos. Cada ano a oferta de animación e entretemento para adultos e pequenos multiplícase cun amplo e variado programa con actuacións de música, eventos deportivos e culturais, animación infantil, etc.

Festa da Langosta

Descargar programa

FIESTA DEL PEZ ESPADA: último fin de semana de julio

peixe_espada_guarda-1
  • En 2017: 28, 29 e 30 de xullo
  • Lugar: Porto
  • Organiza: ORPAGU
  • Destaca: No porto e baixo unha carpa pódese degustar o peixe espada en variadas receitas.

Unha parte importante da economía da Guarda é a pesca e no caso da frota espadeira representa o 40% a nivel nacional. Esta festa recuperouse tras uns anos sen celebrarse para dar a coñecer este peixe e tamén dar maior visibilidade á pesca e ao peixe espada.

Durante o fin de semana poderase degustar o peixe espada á prancha e noutras elaboracións. Ademais organízanse xornadas técnicas, eventos culturais e música para o goce de todos. Tamén haberá actividades para nenos.

festa-do-peixe-espada-a-guarda_img13206n1t0

FIESTA DE LAS ALFOMBRAS (EL SANTÍSIMO)

Fiesta de las alfombras
  • Data en 2017: 17 e 18 de xuño
  • Lugar: Casco histórico e porto
  • Organiza: Parroquia e grupos veciñais.
  • Destaca: O esforzo de semanas de traballo e unha longa noite tradúcese nunhas fermosas alfombras florais.

O fin de semana seguinte á celebración do Corpus Christi elabóranse as tradicionais alfombras florais despois dun mes de preparativos.

Na noite do sábado ao domingo os veciños organizados por rúas do centro histórico e porto elaboran as alfombras florais e de sal tinguido de cores. Os veciños e todos os interesados en participar traballan durante toda a noite e parte da madrugada. Durante a mañá do domingo pódense observar as elaboradas alfombras con deseños moi coloridos e detallistas antes da procesión do Santísimo.

FIESTA DE LA VIRGEN DEL CARMEN

Regata da Virxe do Carmen
  • En 2017: 14, 15 e 16 de xullo
  • Lugar: Porto
  • Organiza: Comisión de festas da Virxe do Carme
  • Destaca: Festa de gran tradición polo que o Día da Virxe, o 16 de xullo, é festivo local.

Festa de gran arraigamento entre os mariñeiros como noutras localidades costeiras. A Guarda celebra a Festa da Virxe do Carme o 16 de xullo coa celebración da misa solemne e despois a tradicional ofrenda floral aos náufragos. Ademais dos actos relixiosos destaca na véspera da Virxe unha verbena moi popular e un concerto de rock que adoita organizarse o sábado anterior. Durante a tarde do 16 dispútase a regata de gameliñas (pequenas embarcacións a remo).

ROMERÍA DE SANTA TREGA: 23 SEPTIEMBRE

Romería de Santa Trega
  • En 2017: 23 de setembro.
  • Lugar: Monte Santa Trega
  • Organiza: Irmandade do Clamor.
  • Destaca: Festivo local ao ser unha celebración de gran tradición.

A Virxe de Santa Trega é a patroa da Guarda e conta con gran tradición relixiosa na comarca. Durante a mañá celébranse as misas e tras a procesión na honra á Virxe celébranse as tradicionais poxas dos produtos ofrecidos á santa. Despois as familias comen ao aire libre no Monte.

OTRAS FIESTAS

18 y 19 de junio Fiesta de San Antonio
5, 6 y 7 de agosto Fiesta de San Cayetano
19, 20 y 21 de agosto Fiesta de San Roque
2, 3 y 4 de septiembre Fiesta de la Virgen de A Guía
23, 24 y 25 de septiembre Fiesta de la Virgen de las Mercedes