O ferry suspenderá temporalmente o seu servizo a partir do 2 de marzo debido a traballos de revisión obrigatorios

O servizo do ferry que une A Guarda e a localidade portuguesa de Caminha verá interrompida temporalmente a súa actividade, por mor dos traballos de revisión obrigatorios, o 2 de marzo a partir das 13’30 horas.

Este xoves 2 de marzo, pola tarde, o ferry será levado ao astelario para realizar as correspondentes tarefas de revisión obrigatorias co fin de renovar os certificados de navegabilidade necesarios para continuar a súa actividade.

As travesías quedarán, por tanto, suspendidas ata novo aviso. En canto se teña coñecemento, informarase do día e hora no que o ferry retome o seu servizo.

Comentarios

23 September, 2017

Leave a Reply