O número de turistas que recibe A Guarda e o de visitantes que se achegan ós seus museos segue a incrementarse con respecto ás cifras dos anos pasados

O número de turistas que recibe A Guarda e o de visitantes que se achegan ós seus museos segue a incrementarse con respecto ás cifras dos anos pasados

Ó igual que ocorreu o ano anterior, os datos recollidos nos puntos máis turísticos da xeografía guardesa corroboran a tendencia á alza que está conseguir o turismo na vila da Guarda.

O bo tempo destes meses de verán, así como a ampla oferta de puntos de interese, cada día máis variada, que se poden atopar os turistas na Guarda atrae ano tras ano a milleiros de persoas.

O Monte Santa Trega, a xoia da Guarda que ademais é un dos lugares que máis turistas atrae de toda Galicia, recibiu nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano 2016 a máis de 100.000 persoas. Trátase dunha cifra récord, con 9.000 persoas máis que na mesma tempada do ano anterior, o que supón un incremento do 10%.

O mes máis destacado foi o mes de agosto, durante o cal subiron ó Monte de Santa Trega máis de 50.000 persoas.

Estes datos positivos tamén se reflicten nas visitas ó MASAT, o Museo Arqueolóxico de Santa Trega. Preto de 30.000 persoas accederon ó Museo do Monte Santa Trega neses tres meses.

En canto á Oficina de Turismo da Guarda, o número de persoas atendidas tamén tivo unha subida considerable. Respecto ós mesmos tres meses de 2015, os datos recollidos amosan que este ano se atendeu a un 20% máis de persoas e que, neste meses, repartíronse uns 15.000 rueiros nas empresas de aloxamento e comercios, oficinas de turismo e rede de museos e outros puntos da Guarda como o despacho do ferry. Só na Oficina de Turismo que se atopa no Porto da Guarda repartíronse 2.500 rueiros, 1.000 máis que no mesmo período do ano anterior.

Pola súa parte o Museo do Mar, outro dos puntos de referencia para os visitantes que se achegan á Guarda, mantén datos similares ós do ano pasado, con preto de 1.500 visitantes. Comparando os datos nestes dous últimos anos houbo un incremento do 30%, que representan 400 persoas máis en relación ás cifras do ano 2014.

Comentarios

Leave a Reply