Degusta Europa chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril

Degusta Europa chega á Praza de Abastos da Guarda o 11 de abril

Contando coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio, a Praza de Abastos da Guarda acollerá esta mostra culinaria o vindeiro xoves día 11 de abril en horario de 11:00h a 12:00h.

O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende a súa necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da provincia de Pontevedra.

A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.

Este ano Degusta Europa está vinculado á campaña “Fame de experiencias?”, que potencia a enogastronomía; pretende, como cada ano, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. En todas as actividades o alumnado dos dous centros traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.

Contando coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio, a Praza de Abastos da Guarda acollerá esta mostra culinaria o vindeiro xoves día 11 de abril en horario de 11:00h a 12:00h.

Comentarios

Leave a Reply