Continúa o Nadal na Guarda cunha ampla programación de actividades

Continúa o Nadal na Guarda cunha ampla programación de actividades

La Navidad llegó a A Guarda el pasado 5 de diciembre con el encendido de la iluminación de Navidad y continúa con una extensa y variada programación de actividades entre las que destacan teatro, animación musical por las calles, conciertos de “panxoliñas”, talleres de decoración, chocolatadas, pista de hielo, o la Cabalgata de Reyes. Hasta el 6 de Enero, A Guarda vivirá en la magia de la Navidad.

O Nadal chegou á Guarda o pasado 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal e continúa cunha ampla e variada programación de actividades, entre as que destacan teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Ata o 6 de xaneiro, A Guarda vive a maxia do Nadal.

Tamén o pasado 5 de decembro publicouse na web municipal www.aguarda.es o vídeo do Obradoiro de Adornos de Nadal, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparatismo Patricia Maquieira Franco, explicase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar o xoves 13(en horario de 15:00 a 18:00h) e o sábado 15(de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende este mércores 11 asociacións e colectivos da vila encargáronse de engalanar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade “Decora o teu Nadal”, unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila, algo que está a espertar o interese dos transeuntes.

O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acolle un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde contarase coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xurde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.

O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a Bebeteca de Nadal, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h. Rebeca González, mestra de Educación Infantil do CEIP As Solanas e coordinadora de Bibliosolanas contará o conto “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis”. Ao remate, cada neno o nena que asista levará un conto en préstamo da Bebeteca a súa casa durante o Nadal. Os nenos e nenas que asistan e aínda non teñan a tarxeta de préstamo da Biblioteca, poden levar unha folla de inscrición para obtela.

A Bebeteca é unha sección de libriños especialmente pensados para que as familias podan iniciar na lectura aos bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo. Idade: 0 -3 anos e 3 -6 anos.

O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é preciso que cada neno ou nena vaia ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto(1 por neno/a). Os participantes deberán de ter, mínimo 8 anos de idade e cumprimentar a solicitude por parte dos pais ou titores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación Las Samaritanas da Guarda a partires das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, O Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

O vindeiro martes 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas custarán 6€ de xeito anticipadas nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo que terá unhas dimensións de 20m. x 10m., o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans. O horario de Luns a venres será de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda se convida a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Comentarios

Leave a Reply