O Concello da Guarda recibe Axudas dentro do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, para actividades deportivas

O Concello da Guarda ao abeiro da subvención do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra, na liña 3 con destino as actividades deportivas, ten concedida unha axuda de 6000 euros para poder desenvolver diferentes accións e eventos deportivos ao longo de todo o ano.

Así estas axudas irán destinadas á celebración da Gala do deporte, ao desenvolvemento do programa de Andainas, Torneo de xadrez e dentro do atletismo: ao Trail do Trega e a 15k.

Con esta subvención o Concello pode facer fronte aos diferentes gastos provocados da organización destas actividades e así poder desenvolver unha programación máis diversa durante todo o ano 2016.

Comentarios

Deja una respuesta