COMO CHEGAR POR ESTRADA

Para llegar a A Guarda por carretera hay varias opciones. Se puede ir bordeando el océano Atlántico desde Baiona o bien por el interior desde la localidad de Tui o por el sur desde el país vecino, Portugal.

En coche

coche

Desde o interior da península emprégase a autovía Rías Baixas A-52 en dirección Vigo. Existen dúas alternativas para chegar ata A Guarda desde Vigo: a primeira é ir dirección a Tui empregando a autovía A-55 e despois desviarse cara A Guarda pola estrada PO-552 que discorre paralela ao río Miño. Á altura da localidade de Goián (Tomiño) pódese continuar pola PO-552 ou ben pola vía de alta capacidade CG-4.2. en dirección A Guarda. Outra opción é utilizar a autoestrada AG-57 ata Baiona e continuar pola PO-552 ata A Guarda bordeando a costa.

Para os viaxeiros procedentes de Portugal existe a posibilidade de cruzar en ferri desde Caminha. Por estrada é necesario cruzar o Miño pola Ponte Internacional que une Valença de Minho e Tui ou pola Ponte da Amizade entre Vila Nova de Cerveira e Goián (Tomiño) para enlazar coa Guarda pola PO-552 ou a vía de alta capacidade CG-4.2.

En autobús

autobus2

As principais cidades de España están conectadas coa estación de autobuses de Vigo (Tlf: 986 373 411).

Desde a cidade de Vigo existe a liña regular coa empresa ATSA que realiza o servizo Vigo – A Guarda con paradas nas principais localidades como Tui ou Baiona. Horarios na Web de ATSA

Tlf: 986 610 255

En bicicleta

bicicleta

Pódese chegar en bicicleta ata A Guarda empregando o carril bici que discorre en paralelo á PO-552 entre Baiona e A Guarda e que permite gozar da paisaxe e as magníficas vistas do océano Atlántico.

Outra alternativa é percorrer a ribeira do Miño desde a Fortaleza de San Lorenzo de Goián (Tomiño) pola senda fluvial que enlaza coa PRG 112, Senda dos Pescadores do río Miño na localidade do Rosal.