COMO CHEGAR EN BARCO

A Guarda forma unha pequena península xa que está rodeada de auga en gran parte da súa extensión polo río Miño e o océano Atlántico. Está conectada con Portugal polo ferri que cruza o río Miño e os amantes do mar contan co porto pesqueiro.

Porto pesqueiro da Guarda

barco

Aquelas embarcacións que queiran fondear nas augas do porto deben informarse no despacho de Pontevedra (zona sur) de Portos de Galicia.

Tlf: 986 853 916

+ Portos de Galicia

Estación do ferri

ferry6

O ferri cruza o río Miño desde o barrio do Pasaxe (A Guarda) ata a localidade portuguesa de Caminha.

Os trayectos realízanse ás horas en punto desde Caminha e ás medias desde A Guarda. O ferri comenza con saída de Caminha e os horarios desde A Guarda son:

  • Martes a venres: 10:30 h a 19:30 e o último ás 20:15 h
  • Sábado e domingo: 11:30 h a 19:30 e o último ás 20:15 h
  • Descanso de personal: luns e o traxecto das 14:30 horas
  • Horario de verán (xullo e agosto): Funciona de luns a domingo. As frecuencias amplíanse comezando ás 9:30 con traxectos ata as 20:30 sendo o último ás 21:15h. O sábado e o domingo empiza ás 11:30h. Mantense o descanso de personal ás 14:30 h

En caso de non utilizar o ferri, a alternativa é desplazarse uns 10 km desde A Guarda por la PO-552 ou ben pola vía de alta capacidade CG-4.2 ata Goián (Tomiño) e cruzar pola  Ponte da Amizade ata a localidad portuguesa de Vila Nova de Cerveira e despois doutros 10 km continuar en dirección a Caminha.

Tlf: 986 611 526

+ Descargar horarios