COMO CHEGAR A PÉ

Para chegar a pé hai varias opcións. Pódese ir bordeando o océano Atlántico desde Baiona ou ben polo interior desde a localidad de Tui ou polo sur desde o país vecino, Portugal.

A Guarda, Camiño Portugúes da Costa

caminar

O Camiño Portugués da Costa comeza o seu percorrido en terras galegas tras cruzar o río Miño no ferri que une a poboación portuguesa de Caminha coa Guarda.

Desde o embarcadoiro do ferri continúa polos rúas e camiños rurais da parroquia de Camposancos en direción ao tramo urbano da Guarda. Tras percorrer o centro histórico segue cara á costa polas praias de Fedorento e de Area Grande. Tras deixar as praias continúa pegado á liña de costa pola ruta das Cetarias e enlaza co municipio do Rosal, deixando atrás 9 kms de percorrido de baixa dificultade.

A Guarda conta con Albergue para peregrinos que se localiza en pleno centro urbano e a poucos metros do Camiño a Santiago.

Tlf: 986 614 546

albergue
camino
xacobeo