A citania de Santa Trega, presente no vídeo de Marca España como mostra da cultura milenaria

A citania de Santa Trega, presente no vídeo de Marca España como mostra da cultura milenaria

O vídeo promocional de Marca España para 2018, elaborado por Televisión Española (TVE), destaca o asentamento castrexo guardés como un dos elementos sobresaíntes do legado cultural e patrimonial do país.

A montaxe, titulada «España, tan singular como plural», pon en valor o potencial español a través do amplo legado patrimonial e histórico do país, con imaxes de distintos monumentos, paisaxes e tradicións representativos da súa cultura e patrimonio.

Un plano aéreo da citania do Monte Santa Trega amósase no minuto 00:36 do vídeo, como un dos mellores exemplos da cultura milenaria da que somos herdeiros. O vídeo estrenouse en versión curta tras as campanadas de fin de ano nas canles públicas La 1 e Canal Internacional e, posteriormente, foi difundido na súa totalidade nas redes sociais de Marca España, a través do hashtag #SomosEspaña.

Marca España

Marca España é unha política de Estado que ten como obxectivo mellorar a imaxe do país no estranxeiro e entre a cidadanía española. A máxima representación da Marca España corresponde ao Alto Comisionado a través da Oficina do Alto Comisionado para a Marca España, dependente xerárquicamente do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. Esta sección encárgase de planificar, coordinar e impulsar as actuacións de organismo públicos e privados orientadas á promoción da imaxe de España dentro e fora do país.

Comentarios

Leave a Reply