Category: Novas Turismo

No marco da Estratexia de Turismo do xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, vén de poñerse en marcha unha páxina web que pretende servir como mecanismo de participación a toda aquela persoa que desexe aportar as súas opinións e valoracións.

Así mesmo, servirá como vehículo de comunicación de diferentes avances do plan estratéxico. Toda persoa, empresa ou institución con interese no sector turístico, pode participar accedendo á ligazón http://estratexiaturismo.riadevigobaixomino.com/.

A razón de ser desta web é a implicación e participación de profesionais do turismo e da poboación local, de cara a obter unha óptima radiografía da situación actual que sirva como punto de partida á hora de definir estratexias que permitan mellorar a competitividade do sector turístico dos 14 concellos que compoñen o xeodestino.

Dende o Concello da Guarda agradecese a participación de toda aquela persoa interesada en aportar ideas e valoracións a este proxecto turístico.

Ao igual que en anos anteriores, e na tempada previa ao verán, o Padroado do Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

As visitas guiadas realizaranse os sábados e domingos dos meses de maio e xuño en horario de 11:30h, 12:30h e 17:00h.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.

A oferta de visitas guiadas ampliarase na tempada de verán con novas propostas e actividades turísticas no Monte Santa Trega.

A Guarda preparase para despedir o mes de abril cunha programación de actividades para esta fin de semana na que se inclúen un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda, unha nova sesión de Contos Contados na Biblioteca Pública Municipal da Guarda, unha quedada automobilística multimarca e a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González no Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz.

Programación por días

Sábado 27 de abril:

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebra o “Día Internacional do Libro” que se celebrou o pasado 23 de abril, cunha sesión de Contos Contados este sábado día 27 de abril ás 11:30.

María Salinas e Berto Pirata, autores do libro “Elefantes de papel” colaboran de forma desinteresada cunha creación orixinal: “Contos de animais”. Nenos, nenas e familias, estades todos e todas convidados a participar!

Ademáis, ata o sábado 27 de abril, todas as persoas que se acheguen á Biblioteca poden levar un libro como agasallo.

Tamén na xornada deste sábado, a partires das 16:00h, o parking da Sangriña acollerá unha Quedada automobilística multimarca con exposición de coches de rally, motos, inchables para os nenos e nenas, sorteos e música co DJ Diego Mariño.

Ás 20:00h a Casa dos Alonsos será o escenario do Concerto de Primavera da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda e do Coro do Conservatorio de Música da Guarda. Entrada de balde.

Domingo 28 de abril:

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da nosa gastronomía, o noso patrimonio, a nosa oferta cultural e, como non, as nosas paisaxes e a nosa natureza.

Hostalaría e ocupación hoteleira

En canto aos resultados de ocupación hoteleira media durante a Semana Santa, as previsións para a Comarca do Baixo Miño situábanse no 60%, repercutindo con moita incidencia este ano a climatoloxía, que propiciou moitas reservas de última hora, atopándose os hoteis da Guarda cunha ocupación media de entre un 75% e un 90%, varios deles con 4 días de ocupación ao 100%.

Nos establecementos de oferta gastronómica coma Restaurantes, bares e cafeterías, destacan unha afluencia masiva de comensais, tanto nas comidas como nas ceas, esgotando moitos dos produtos ao longo desta semana santa e mesmo completando o aforo de moitos establecementos, un dato moi significativo tamén, posto que moitos visitantes se achegan á Guarda para gozar da súa afamada oferta gastronómica, con produtos frescos do mar.

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da nosa gastronomía, o noso patrimonio, a nosa oferta cultural e, como non, as nosas paisaxes e a nosa natureza.

Rede de Museos e visitas guiadas

Ao longo desta Semana Santa A Guarda ofertou diversas visitas guiadas polo Casco histórico da vila, coa temática Prazas Antigas e Prazas Novas, onde coñeceron a historia das nosas prazas como os diferentes nomes e usos que tiveron ao longo dos anos, e tamén no Monte Santa Trega e o seu recinto arqueolóxico, visitas nas que se contabilizaron máis de 500 persoas, maioritariamente visitantes galegos, madrileños, pero tamén estranxeiros de países como Guatemala, República Dominicana ou Estados Unidos. Moitos dos visitantes aproveitaron para coñecer e desfrutar das celebracións relixiosas da Guarda asistindo ás procesións que tiveron lugar polas rúas do casco urbano o xoves e venres santo.

A Rede de Museos da Guarda tamén foi visitada polo numerosos visitantes e turistas que escolleron a vila da Guarda do xoves ao domingo de Semana Santa.

O Museo do Mar recibiu a máis 370 persoas que coñeceron as dúas coleccións: etnográfica cos aparellos de pesca e a malacolóxica coa selección de cunchas mariñas. Moitos dos visitantes accederon a terraza e desfrutaron das visitas que ofrece a Atalaia ao porto da Guarda sendo moi fotografado o espigón co novo pintado.

O Centro Interpretación do Castelo de Santa Cruz foi visitado por preto de 250 persoas, que aproveitaron para coñecer a fortaleza e a súa historia. Ademais a pranta baixa adicouse á Exposición de Maquetas e figuras do rosaleiro Praxíteles González, destacando as maquetas das Catedrais de Notre Dame e Santiago de Compostela.

En canto as persoas que visitaron o Monte Santa Trega foron preto de 9.000 persoas neste catro días, de xoves a domingo. Destacando o venres Santo como ven sendo habitual en anos anteriores. O 25% das persoas que visitaron o monte accederon ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, duplicando o número de visitantes o venres.

Oficina de Turismo

A oficina de turismo estivo aberta na Praza do Reló e atendeu a visitantes chegados principalmente de Madrid e da nosa comunidade autónoma, sen esquecer aos peregrinos estranxeiros.

Praias

Aínda que as temperaturas medias roldaron entre os 22 e os 29 grados, foron moitos os bañistas que non deixaron pasar esta oportunidade para visitar as nosas praias, preferentemente a praia marítima de Area Grande e a Praia Fluvial do Muíño, ámbalas dúas con Bandeira Azul.

Peregrinos

En canto ao número de peregrinos, dende a declaración coma oficial do Camiño Portugués da Costa, a afluencia de peregrinos vai en aumento, un dato que se mantén segundo os datos da Oficina do Peregrino, destacando tamén que o Camiño Portugués da Costa sobe unha posición con respecto á Semana Santa do ano pasado.

Rematada xa a Semana Santa 2019 o Concello da Guarda fai un balance moi positivo desta tempada, cun incremento notable de visitantes, grazas a unha extraordinaria climatoloxía, que propiciou que moitas persoas se achegasen a gozar da nosa gastronomía, o noso patrimonio, a nosa oferta cultural e, como non, as nosas paisaxes e a nosa natureza.

O Concello da Guarda ven de abrir o prazo de inscricións para un curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.

Neste curso traballarase con diferentes ferramentas online que permiten xestionar e promover na rede diferentes tipos de establecementos turísticos, falamos de ferramentas como tripadvisor, booking… de xestión de reservas, ofertas e promoción de produtos, reputación online, entre outras.

O Curso, cunha duración total de 6 horas, realizarase os mércores días 8, 15 e 22 de maio en horario de 17:00h a 19:00h.

O prazo de inscricións está xa aberto do 23 de abril ata o 3 de maio a través da Oficina de Turismo da Guarda, as persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao 986614546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es.

Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.

Neste caso o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Turismo participaron nesta inauguración na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.

Praxíteles, xa xubilado, dí que precisa de proxectos coma este para ter unha ilusión e coller con gañas cada novo día, entre as súas obras destacan varias maquetas, da Casa Indiana na que se atopa o Centro Cultural de A Guarda, da Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal ou tamén preto de 40 esculturas en barro e outras realizadas con materiais de refugallo.

Praxíteles González ten realizado diversas exposicións dos seus traballos na Feira de San Gregorio de Pías, no Concello do Rosal ou no Centro Cultural da Guarda.

Ademais destas obras, Praxíteles é tamén escritor, con 5 libros as súas costas coma “Embajadores de los Infiernos” con tres edicións e que trata sobre a vida dos cabaqueiros; “Ribeiras do Baixo Miño” sobre os usos e costumes do Rosal; “Topónimos, a Terra das nosas raíces” con más de 900 topónimos da Guarda e do Rosal xunto cun mapa de toponimia; “Yo también fuí contrabandista en el Estuario del Miño” sobre os tempos do estraperlo e o pisco na Comarca; e xa para finalizar o seu derradeiro libro “Yo también estuve en la República Federal Alemana”que trata sobre a emigración entre os anos 1960 e 1980.

Horarios de visita:

Xoves, Venres, sábado e domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Nesta Semana Santa a exposición terá lugar no contexto dunhas Xornadas de Portas Abertas para achegar o Centro de Interpretación das Fortalezas e o Castelo de Santa Cruz á cidadanía guardesa e visitantes, con entrada de balde.

Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.

O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 20 de abril realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal, enmarcadas no proxecto “A Guarda, Mar de Sal”. Na actualidade este proxecto atópase na fase de restauración e consolidación definitiva, o que permite xa apreciar as súas estruturas.

Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realizarase de xeito gratuíto o sábado 20 de abril con saída ás 10:45h dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas empregando a senda litoral.

Tamén nestes intres se levan adiante outras iniciativas como a musealización do xacemento e se publicarán os resultados das investigacións iniciadas o ano pasado.

Dende o Concello da Guarda queremos agradecer a dedicación e entusiasmo mostrado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poda coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

A Guarda pecha esta fin de semana a programación dos fins de semana gastronómicos que dende o pasado 23 de marzo oferta este manxar do Río Miño en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poden degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22€. A lamprea enteira terá un prezo de 65€. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes.

Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar.

Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río. Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.

A Guarda pecha esta fin de semana a programación dos fins de semana gastronómicos que dende o pasado 23 de marzo oferta este manxar do Río Miño en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.

Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.

Deseguido, o alumnado elaborou na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea», que arestora se atopan xa expostos na Praza de Abastos ata fin de mes.

A Guarda pecha esta fin de semana a programación dos fins de semana gastronómicos que dende o pasado 23 de marzo oferta este manxar do Río Miño en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.A Guarda pecha esta fin de semana a programación dos fins de semana gastronómicos que dende o pasado 23 de marzo oferta este manxar do Río Miño en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

A Guarda entra xa de cheo na Semana Santa 2019 cun amplo programa de actividades culturais para goce da veciñanza e os milleiros de visitantes que cada ano se achegan ata a vila nesta tempada. Coma todos os anos A Guarda conta esta Semana Santa coas tradicionais procesións, visitas guiadas gratuítas, apertura da Rede de Museos, ademais de actividades festivas coma as Festas da Pascua de Buxán, a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González ou o Concerto de Clarinete de Cintia Lomba

Programación relixiosa

A Semana Santa na Guarda arranca xa este venres día 12 de abril coa celebración da Procesión do «Venres de Dor», a partires das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.

Na xornada do Domingo día 14 de abril realizase a tradicional Bendición dos Ramos e Palmas, programada para as 11:00h na Praza do Reló.

O xoves 18 de abril ou xoves santo destaca a Procesión dos Pasos, programada para as 20:30h da tarde, o venres 19 de abril ás 11:00h realizase a Procesión do Encontro e ás 20:30h a Procesión do Santo Enterro, rematando o sábado 20 de abril coa Procesión da Soedade de María, ás 8:00h.

Visitas Guiadas especiais

O departamento de Turismo oferta novamente as visitas singulares polo casco histórico, que baixo o título «Prazas antigas e novas» , pretenden amosar aos visitantes e veciños a historia da Guarda a través do seu patrimonio, percorrendo principais prazas do casco antigo, visitas que serán gratuítas e sen reserva previa, cunha duración aproximada de 35 minutos e que sairán da Oficina de Turismo da Praza do Reló ás 12:30h e ás 17:30h o xoves 18, venres 19 e sábado 20 de abril.

O Castro de Santa Trega tamén contará cunha oferta especial de visitas guiadas, visitas que partirán dende a Casa Forestal ás 11:00h, 12:00h, 13:00h, 16:00h, 17:00h e 18:00h. Cunha duración de 30 minutos entre o xoves e o sábado, as persoas interesadas poderán coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

Rede de Museos

Na proposta cultural durante esta Semana Santa compre ter en conta a Rede de Museos da Guarda. Así, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) permanecerá aberto de martes a domingo en horario de 10:00 a 20:00 horas, namentres o Museo do Mar abrirá as súas portas entre o xoves e o domingo en horario de mañá (11:00 a 14:00 h) e tarde (16:00 a 19:00 h). Pola súa parte, o espazo público do Castelo de Santa Cruz ampliará o seu horario de apertura de 10:00 a 20:00 horas abrindo o Centro de Interpretación das Fortalezas de xoves a domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

Exposición de maquetas e figuras

A pranta baixa do Centro de Interpretación das Fortalezas, sito no interior do Castelo de Santa Cruz, acolle a Exposición de maquetas e figuras do rosaleiro Praxíteles González, unha exposición na que se poderá observar a maqueta da Catedral de Santiago, unha maqueta para a cal o artista precisou máis de 7 meses para a súa elaboración, ou unha representación das máis de 40 esculturas realizadas polo artista con materiais de refugallo.

Festas da Pascua de Buxán

A Semana Santa guardesa pechará coas Festas da Pascua de Buxán, que darán comezo este sábado, 13 de abril, coa celebración do «XII Serán de Buxán» ás 22:00 horas na praza de Buxán, e continuará o vindeiro sábado, 20 de abril, cos tradicionais xogos populares ás 16:00 h e a posterior verbena, amenizada polas orquestras América e Magical ás 23:00 h.

O domingo 21 de abril, Domingo de Pascua, o barrio salcidense reservará o día para gozar da gastronomía, cunha zorzada e polbo á feira a partires das 11:00 h e unha Festa do Biscoito a partires das 16:00 h. A xornada rematará coa actuación do grupo folk Na Revolta a partires das 19:30 h.

Concerto de Clarinete

O sábado 20 de abril o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda será o escenario do Concerto de Clarinete a cargo da guardesa Cintia Lomba, que estará acompañada pola pianista Alina Pociute. O concerto terá lugar ás 20:30h, con entrada de balde ata completar o aforo.

Horario da Oficina de Turismo

A Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Reló, abrirá dende o luns 15 ata o sábado 20 de abril cun horario ampliado, de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h. Para máis información, as persoas interesadas poderán achegarse á oficina, contactar co departamento de Turismo a través do teléfono 986 614 546 e/ou o correo electrónico turismo@aguarda.es, ou ben consultar a páxina web www.turismoaguarda.es e a páxina de Facebook de Turismo A Guarda.

A Guarda entra ya de lleno en la Semana Santa 2019 con un amplio programa de actividades culturales para disfrute de vecinos y de los miles de visitantes que cada año se acercan hasta la villa en esta temporada. Como todos los años A Guarda cuenta esta Semana Santa con las tradicionales procesiones, visitas guiadas gratuitas, apertura de la Red de Museos, además de actividades festivas como las Fiestas de Pascua de Buxán, la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González o el Concierto de Clarinete de Cintia Lomba.

O programa Degusta Europa chegou á Praza de Abastos da Guarda na mañá deste xoves día 11 de abril coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.

Esta experiencia con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende a súa necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da provincia de Pontevedra.

A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.

O programa Degusta Europa chegou á Praza de Abastos da Guarda na mañá deste xoves día 11 de abril coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.O programa Degusta Europa chegou á Praza de Abastos da Guarda na mañá deste xoves día 11 de abril coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.Este ano Degusta Europa está vinculado á campaña “Fame de experiencias?”, que potencia a enogastronomía; pretende, como cada ano, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. En todas as actividades o alumnado dos dous centros traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.

A Deputada Provincial, Montserrat Magallanes, valorou esta experiencia como moi importante para potenciar e por en valor os mercados e prazas de abastos da Provincia de Pontevedra. Pola súa banda, Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, destacou o bo facer e a profesionalidade nas diferentes tapas e bebidas elaboradas, unha mostra do potencial destes alumnos, que pasarán proximamente a formar parte do sector hostaleiro e gastronómico galego.

O programa Degusta Europa chegou á Praza de Abastos da Guarda na mañá deste xoves día 11 de abril coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.