O Alcalde da Guarda e o Presidente de Caminha presentan o tren turístico que unirá as dúas vilas

O Alcalde da Guarda e o Presidente de Caminha presentan o tren turístico que unirá as dúas vilas

O tren turístico é unha alternativa de entretemento para os visitantes que se achegan ata Caminha e A Guarda e que aproveitan esta oportunidade de percorrer as vilas empregando un tren que incluirá as explicacións dunha guía.

Hoxe mércores 12 de abril tivo lugar no entorno do porto pesqueiro a presentación do tren turístico que dará a coñecer A Guarda e Caminha aos visitantes ata o vindeiro outono. Neste acto estiveron presentes os medios de comunicación galegos e portugueses e os representantes das Asociacións de empresarios da Guarda e da Confraría de Pescadores de Santa Trega.

Segundo indicou Roberto Martínez, xerente da empresa do tren turístico, durante estas primeiras semanas o tren realizará diferentes percorridos para definir os horarios e recorridos máis adecuados en función do tráfico e do horarios do ferry. Ademais a empresa manterá encontros co sector da restauración e así poder ofertar paquetes turísticos máis completos. Xa que a previsión é que o tren turístico se manteña ata mediados de outubro en funcionamento. Polo que se ofrecerán diferentes percorridos e horarios para os visitantes e de paquetes turísticos xa pechados para grupos concertados.

Para as datas de Semana Santa, de xoves a domingo, o tren turístico ofrecerá recorridos polo casco urbano da Guarda con saídas ás 10.00, 11.00 e 12.00. E aqueles que queiran visitar a vila de Caminha cruzando o Miño co ferry terán dúas saídas. A primeira saída é ás 13.00 e regreso ás 15.00h e a segunda saída é ás 17.00 e regreso ás 19.00h. Estes horarios foron desexados debido ao funcionamento do ferry. Todas as saídas serán dende o porto, xunto ao monumento ao mariñeiro e a lonxa.

 

Comentarios

Leave a Reply