Aberta a enquisa para aportar opinións e valoracións sobre o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Aberta a enquisa para aportar opinións e valoracións sobre o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Toda persoa, empresa ou institución con interese no sector turístico, pode participar accedendo á ligazón http://estratexiaturismo.riadevigobaixomino.com/.

No marco da Estratexia de Turismo do xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, vén de poñerse en marcha unha páxina web que pretende servir como mecanismo de participación a toda aquela persoa que desexe aportar as súas opinións e valoracións.

Así mesmo, servirá como vehículo de comunicación de diferentes avances do plan estratéxico. Toda persoa, empresa ou institución con interese no sector turístico, pode participar accedendo á ligazón http://estratexiaturismo.riadevigobaixomino.com/.

A razón de ser desta web é a implicación e participación de profesionais do turismo e da poboación local, de cara a obter unha óptima radiografía da situación actual que sirva como punto de partida á hora de definir estratexias que permitan mellorar a competitividade do sector turístico dos 14 concellos que compoñen o xeodestino.

Dende o Concello da Guarda agradecese a participación de toda aquela persoa interesada en aportar ideas e valoracións a este proxecto turístico.

Comentarios

Leave a Reply