Últimos días de inscricións para o novo curso para a formación de camareiros-as en bares e restaurantes na Guarda

Os/as interesados/as deberán cumprimentar a ficha de inscrición. Poden contactar no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que terá lugar do 9 de febreiro ao 6 de abril.

O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostelería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

O curso terá unha duración total de 80 horas. das cales, 40 horas estarán destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos. Polo que ao finalizar, o alumnado tamén recibirá el diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completarase coas indicacións en alérxenos. Esta formación terá lugar os sábados pola mañá de 9.00 a 14.00h.

Esta formación completarase con outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes da Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno.

As prazas son limitadas. As inscricións realizaranse ata o mércores 6 de febreiro na Oficina de Turismo do Concello da Guarda na Praza do Reló, 1. Os interesado deberán cumprimentar a ficha de inscrición. Poden contactar no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

Debido ao comezo inmediato o xoves 7 de febreiro darase a coñecer o listado de admitidos para xa comezar a formación o sábado 9 de febreiro.

Comentarios

Leave a Reply