A Guarda despide o mes de abril con música, actividades culturais e unha quedada multimarca

A Guarda preparase para despedir o mes de abril cunha programación de actividades para esta fin de semana na que se inclúen un concerto da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda, unha nova sesión de Contos Contados na Biblioteca Pública Municipal da Guarda, unha quedada automobilística multimarca e a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González no Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz.

Programación por días

Sábado 27 de abril:

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebra o “Día Internacional do Libro” que se celebrou o pasado 23 de abril, cunha sesión de Contos Contados este sábado día 27 de abril ás 11:30.

María Salinas e Berto Pirata, autores do libro “Elefantes de papel” colaboran de forma desinteresada cunha creación orixinal: “Contos de animais”. Nenos, nenas e familias, estades todos e todas convidados a participar!

Ademáis, ata o sábado 27 de abril, todas as persoas que se acheguen á Biblioteca poden levar un libro como agasallo.

Tamén na xornada deste sábado, a partires das 16:00h, o parking da Sangriña acollerá unha Quedada automobilística multimarca con exposición de coches de rally, motos, inchables para os nenos e nenas, sorteos e música co DJ Diego Mariño.

Ás 20:00h a Casa dos Alonsos será o escenario do Concerto de Primavera da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda e do Coro do Conservatorio de Música da Guarda. Entrada de balde.

Domingo 28 de abril:

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.

Comentarios

Leave a Reply