A Guarda da la bienvenida al verano con una agenda repleta para este fin de semana

A Guarda está disposta a facer do verán guardés un dos máis completos da comarca no que a oferta sociocultural se refire, como xa se demostrou na recente presentación da Axenda de Actividades do Verán 2016. E todo comeza esta fin de semana que contará con tres días debido ao festivo autonómico, co que haberá aínda máis tempo para dar a benvida á época estival por todo o alto.

As actividades comezan este xoves pola noite coa celebración, a partir das 22 horas, do “San Xoán no Fuscalho” na zona da Atalaia, que contará con fogueira e actuacións de diversos grupos folk incluída a do Coro Fuscalheiro.

O venres 24, ás 18,3 horas, a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego inaugura a súa exposición anual na Casa dos Alonsos, unha mostra que estará aberta ao público ata o 8 de xullo. Tamén este venres 24 de xuño terá lugar na Alameda, ás 2o horas, o Baile de verán da Agrupación Musical da Guarda. Ademais, durante todo o día se celebrará en Campo de Chans, no Monte de Santa Trega, a 1ª Romería Castrexa organizada polas tres Comunidades de Montes da Guarda.

O día seguinte, sábado 25 de xuño, o Auditorio de San Benito acollerá o XII Festival Folclórico Luso-Galaico organizado pola Asociación Cultural Xamaraina, no que se poderán ver as actuacións de tres grupos galegos e un de Portugal. A continuación, ás 22,30 horas na Praza do Reló o grupo Lareira dará un concerto organizado pola Asociación pola recuperación do Traxe Galego para celebrar a apertura da exposición.

Comentarios

Deja un comentario