A Guarda da a benvida a unha Semana Santa chea de actividades

A Guarda entra ya de lleno en la Semana Santa 2019 con un amplio programa de actividades culturales para disfrute de vecinos y de los miles de visitantes que cada año se acercan hasta la villa en esta temporada. Como todos los años A Guarda cuenta esta Semana Santa con las tradicionales procesiones, visitas guiadas gratuitas, apertura de la Red de Museos, además de actividades festivas como las Fiestas de Pascua de Buxán, la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González o el Concierto de Clarinete de Cintia Lomba.

A Guarda entra xa de cheo na Semana Santa 2019 cun amplo programa de actividades culturais para goce da veciñanza e os milleiros de visitantes que cada ano se achegan ata a vila nesta tempada. Coma todos os anos A Guarda conta esta Semana Santa coas tradicionais procesións, visitas guiadas gratuítas, apertura da Rede de Museos, ademais de actividades festivas coma as Festas da Pascua de Buxán, a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González ou o Concerto de Clarinete de Cintia Lomba

Programación relixiosa

A Semana Santa na Guarda arranca xa este venres día 12 de abril coa celebración da Procesión do «Venres de Dor», a partires das 21:00 horas dende a Igrexa Parroquial de Santa María.

Na xornada do Domingo día 14 de abril realizase a tradicional Bendición dos Ramos e Palmas, programada para as 11:00h na Praza do Reló.

O xoves 18 de abril ou xoves santo destaca a Procesión dos Pasos, programada para as 20:30h da tarde, o venres 19 de abril ás 11:00h realizase a Procesión do Encontro e ás 20:30h a Procesión do Santo Enterro, rematando o sábado 20 de abril coa Procesión da Soedade de María, ás 8:00h.

Visitas Guiadas especiais

O departamento de Turismo oferta novamente as visitas singulares polo casco histórico, que baixo o título «Prazas antigas e novas» , pretenden amosar aos visitantes e veciños a historia da Guarda a través do seu patrimonio, percorrendo principais prazas do casco antigo, visitas que serán gratuítas e sen reserva previa, cunha duración aproximada de 35 minutos e que sairán da Oficina de Turismo da Praza do Reló ás 12:30h e ás 17:30h o xoves 18, venres 19 e sábado 20 de abril.

O Castro de Santa Trega tamén contará cunha oferta especial de visitas guiadas, visitas que partirán dende a Casa Forestal ás 11:00h, 12:00h, 13:00h, 16:00h, 17:00h e 18:00h. Cunha duración de 30 minutos entre o xoves e o sábado, as persoas interesadas poderán coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega.

Rede de Museos

Na proposta cultural durante esta Semana Santa compre ter en conta a Rede de Museos da Guarda. Así, o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) permanecerá aberto de martes a domingo en horario de 10:00 a 20:00 horas, namentres o Museo do Mar abrirá as súas portas entre o xoves e o domingo en horario de mañá (11:00 a 14:00 h) e tarde (16:00 a 19:00 h). Pola súa parte, o espazo público do Castelo de Santa Cruz ampliará o seu horario de apertura de 10:00 a 20:00 horas abrindo o Centro de Interpretación das Fortalezas de xoves a domingo en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h

Exposición de maquetas e figuras

A pranta baixa do Centro de Interpretación das Fortalezas, sito no interior do Castelo de Santa Cruz, acolle a Exposición de maquetas e figuras do rosaleiro Praxíteles González, unha exposición na que se poderá observar a maqueta da Catedral de Santiago, unha maqueta para a cal o artista precisou máis de 7 meses para a súa elaboración, ou unha representación das máis de 40 esculturas realizadas polo artista con materiais de refugallo.

Festas da Pascua de Buxán

A Semana Santa guardesa pechará coas Festas da Pascua de Buxán, que darán comezo este sábado, 13 de abril, coa celebración do «XII Serán de Buxán» ás 22:00 horas na praza de Buxán, e continuará o vindeiro sábado, 20 de abril, cos tradicionais xogos populares ás 16:00 h e a posterior verbena, amenizada polas orquestras América e Magical ás 23:00 h.

O domingo 21 de abril, Domingo de Pascua, o barrio salcidense reservará o día para gozar da gastronomía, cunha zorzada e polbo á feira a partires das 11:00 h e unha Festa do Biscoito a partires das 16:00 h. A xornada rematará coa actuación do grupo folk Na Revolta a partires das 19:30 h.

Concerto de Clarinete

O sábado 20 de abril o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda será o escenario do Concerto de Clarinete a cargo da guardesa Cintia Lomba, que estará acompañada pola pianista Alina Pociute. O concerto terá lugar ás 20:30h, con entrada de balde ata completar o aforo.

Horario da Oficina de Turismo

A Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Reló, abrirá dende o luns 15 ata o sábado 20 de abril cun horario ampliado, de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h. Para máis información, as persoas interesadas poderán achegarse á oficina, contactar co departamento de Turismo a través do teléfono 986 614 546 e/ou o correo electrónico turismo@aguarda.es, ou ben consultar a páxina web www.turismoaguarda.es e a páxina de Facebook de Turismo A Guarda.

A Guarda entra ya de lleno en la Semana Santa 2019 con un amplio programa de actividades culturales para disfrute de vecinos y de los miles de visitantes que cada año se acercan hasta la villa en esta temporada. Como todos los años A Guarda cuenta esta Semana Santa con las tradicionales procesiones, visitas guiadas gratuitas, apertura de la Red de Museos, además de actividades festivas como las Fiestas de Pascua de Buxán, la Exposición de maquetas y figuras de Praxíteles González o el Concierto de Clarinete de Cintia Lomba.

Comentarios

Leave a Reply