A Guarda conta xa cunha Pista de Xeo

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

O Nadal chegou á Guarda e conta cunha programación de actividades extensa e variada na que destacan o teatro, a animación musical polas rúas, os concertos de panxoliñas, os obradoiros de decoración, as chocolatadas, a instalación por primeira vez na vila dunha pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis.

A programación esténdese ata o 6 de xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

O pasado martes día 18 de decembro a Alameda da Guarda acolleu a sesión inaugural da Pista de Xeo, instalada nun recinto cuberto. Escolares dos centros educativos da vila e varias asociacións e colectivos da vila acoden esta semana en horario de mañá para poder gozar desta Pista de Xeo, instalada por primeira vez na vila.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.A Concelleira de Turismo e Comercio, Montserrat Magallanes, amosou este martes a súa ledicia por que a Pista de Xeo sexa xa unha realidade na vila da Guarda, para que nesta época de Nadal veciños e visitantes podan gozar duns momentos de diversión, convidando á cidadanía a visitar esta instalación na Alameda da Guarda.

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recordou que esta foi unha demanda dos veciños e comerciantes da vila nos pasados anos, e que este ano se poderá empregar durante todo o Nadal, dinamizando e servindo coma un atractivo máis para A Guarda.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

Cada entrada da acceso á pista de xeo da Alameda, que ten unhas dimensións de 20m x 10m e cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben de traer guantes para as mans.

O horario de Luns a venres é de 16:00h a 22:00h e os fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios ou empresas que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda se convida a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

As entradas custan 6€ de xeito anticipado nos máis de 50 establecementos colaboradores da vila e 7€ na propia pista.

Comentarios

Leave a Reply