A Guarda celebra o comezo do mes de outubro con música e moito deporte

A Guarda celebra o comezo do mes de outubro con música e moito deporte

Achégase un novo fin de semana no que o deporte será o protagonista aínda que tamén haberá oportunidade para gozar da música.

A fin de semana comeza o venres 30 de setembro co último concerto de “MÚSICA NAS PRAZAS” que terá lugar na Praza de San Amaro ás 22.00 h. Os encargados de pechar a primeira edición de “Música nas prazas” é o grupo “NOBLES” co seu estilo propio Gas noble co que resultaron gañadores do concurso Nova Banda Guardesa organizada por Rock Guardés.

A outra cita musical terá lugar o sábado na Praza do Seixiños coa celebración do X aniversario de grupo folclórico A BOALLEIRA. A partir das 21.00 h haberá un pequeno festival coa actuación de A Boalleira, Trebón dos Xidos, Treboada do Baixo, Xamaraina, Na revolta e algunha sorpresa máis. Polo que será unha noite de música e entretemento sen esquecer a proxección das fotografías que resumen os dez anos deste grupo folclórico da Guarda.

O sábado e o domingo está reservado o deporte coa celebración da 15K DO ATLÁNTICO BANCO MEDIOLANUM que nesta 4ª edición achega novas probas deportivas e terá unha madriña de honra como é Julia Vaquero, exatleta guardesa que neste 2016 se cumpren 20 anos da súa participación en Atlanta’96 .

As probas deportivas 15K DO ATLÁNTICO do sábado concéntranse na Praza de Avelino Vicente e comezan ás 17.00 horas co “Desafío do Trega”. Esta nova proba deportiva é unha competición entre os atletas que ascenderán polos sendeiros e Álvaro Pino, exciclista de Ponteareas, que participará co “maillot” amarelo e subirá o Monte Santa Trega pola estrada coa bicicleta da lle dou a súa vitoria na Volta España do 1986. O gañador será o primeira que chegue a cima do coñecido Monte Santa Trega.

Despois será a quenda dos nenos coas carreiras infantis ás 17.30 h na que participarán nenos ata 12 anos. Para rematar a primeira xornada entregaranse os trofeos do Desafío do Trega ás 18.00h.

O domingo 2 de outubro terá lugar a 4ª edición da 15K DO ATLÁNTICO BANCO MEDIOLAMUN e ás 10.50h sairán de Oia os 100 participantes da Andaina de 12km. Ás 11.00 horas tomarán saída os centos de participantes na proba raíña os 15K DO ATLÁNTICO e en pouco máis de 45 minutos os participantes comezarán a chegar ó porto da Guarda.

 

Comentarios

Leave a Reply