A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscricións para a aceleradora de empresas turística

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscricións para a aceleradora de empresas turística

O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de febreiro a través dun formulario na web www.smartpeme.depo.gal.

A Deputación de Pontevedra ven de anunciar a apertura do prazo de inscricións para as empresas interesadas en participar na segunda edición da aceleradora de empresas turísticas de Pontevedra. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de febreiro a través dun formulario na web www.smartpeme.depo.gal.

A aceleradora de empresas turísticas da provincia está enmarcada no programa TurisTIC e poden participar, tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, persoas emprendedoras, empresarias, autónomas e pemes da provincia con interese en impulsar o seu negocio turístico. Deste xeito, a aceleradora vai dirixida a empresas turísticas cun proxecto en fase temperá de desenvolvemento ou cun alto potencial de desenvolvemento, preparación técnica para desenvolver o proxecto de aceleración e motivación e compromiso co programa, así como interese en mellorar as súas capacidades e habilidades.

As empresas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude entre o 5 e o 15 de febreiro a través dun formulario na web www.smartpeme.depo.gal. De todas as solicitudes escolleranse un máximo de 5 proxectos que serán valorados en base a criterios técnicos como o seu grao de innovación, a memoria do proxecto e perfil das persoas participantes. Estas cinco empresas seleccionadas participarán na aceleradora entre o 25 de febreiro e o 30 de abril e recibirán un programa de mentorización e sesións formativas grupais. Máis polo miúdo, impartirase formación individualizada relativa ao sector turístico, ás novas tecnoloxías, imaxe e competitividade, así como apoio para validar o proxecto e modelo de negocio e axudas para impulsar unha planificación do proceso de promoción e comercialización. Tamén haberá sesións grupais centradas na innovación como motor de cambio, nas novas oportunidades de promoción e comercialización e no deseño dun plan de marketing.

Dende a Concellería de Turismo do Concello da Guarda se convida a aproveitar esta oportunidade para promover a actividade empresarial no entorno do sector turístico do municipio.

Comentarios

Leave a Reply